Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Os locais comerciais tamén deben paga-la instalación do ascensor

poño dun pequeno comercio e, de súpeto, chegoume a notificación de que teño que paga-la instalación dun ascensor na comunidade de propietarios, do cal evidentemente non faremos uso ningún. Impónsenos que temos que pagar obrigatoriamente "porque a lei o di" en proporción ós metros cadrados, e, xa que logo, os locais adxuntos á comunidade de veciños imos sufraga-lo 70% do custo do ascensor e ningún o utilizaremos. Cómpre engadir que un dos veciños sofre unha minusvalía (ten unha soa perna).

  Os propietarios de pisos e locais están obrigados a contribuír segundo a cota, o coeficiente de participación ou o especialmente establecido nos gastos xerais para o adecuado sostemento do inmoble. Nestes termos pronúnciase o artigo 9 da Lei de Propiedade Horizontal, que tamén indica que a non utilización dun servicio, coma o ascensor, non exime de contribuír a estes gastos. O feito de non ter acceso ó portal do edificio non é, polo tanto, motivo por si só para non contribuír. Ás veces acontece que no título da propiedade, nas escrituras ou nos Estatutos, consta este tipo de exencións de pagamento para os locais. Polo tanto en primeiro lugar, cumpriría comprobalo.

Por outra banda dise que a notificación de pagamento chegou de súpeto, entendendo neste caso que non avisaron da celebración da xunta de Propietarios nin se notificou posteriormente o acordo de instalación do ascensor. Para que un acordo sexa válido débense seguir certos pasos. En primeiro lugar, tódolos propietarios de locais e pisos deben ser citados á Xunta na que se trate o asunto. En segundo lugar, se aínda logo de seren citados non acoden, o presidente ou o administrador teñen que lles notifica-los acordos adoptados. Teñen un prazo de 30 días.

Segundo o artigo 17 da Lei de Propiedade Horizontal, os acordos de instalación de ascensor téñense que adoptar por maioría de 3/5 de propietarios e cotas. Así e todo, a lei tamén di que cando a finalidade da instalación sexa suprimir barreiras arquitectónicas que dificulten o acceso de persoas con minusvalía basta cunha maioría simple, tamén de votos e cotas. Habería que comprobar se se cumpriu esta dobre maioría. Se é así, daquela o acordo é válido e deben contribuí-los propietarios dos locais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto