Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Mesma calidade a menor prezo: Rebaixas

Convén planificar ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar

Resulta difícil resistirse ás rebaixas, especialmente nunhas datas nas que todo son reclamos para caer na tentación da compra. Hai que evitar un consumo descontrolado e sen planificar, se non o peto resentirase nun dos meses máis complicados para a economía doméstica. Pero as rebaixas, ben aproveitadas, pódennos servir tamén para adquirir, con importantes descontos, productos que doutro xeito resultan inalcanzables. Para evitar desfeitas, convén planificar ben as compras e saber cando chegou o momento de deixar de mercar.

Planifique a compra

  • Faga unha lista dos artigos que realmente precisa, e fixe a cantidade máxima que quere gastar. Teña en conta as necesidades do seu fogar (enxoval, electrodomésticos...), as persoais e as familiares (roupa, calzado, complementos...). Evitará gastar máis da conta e adquirir cousas que axiña deixará de usar.
  • Non se deixe levar polas présas. O apuro e os empurróns dos primeiros días das rebaixas pódeno levar a mercar de xeito impulsivo. Compare prezos en varios establecementos.
  • Lembre que as rebaixas non poden ter unha duración inferior ós quince días nin superior ós dous meses, e que os productos que se ofertan en rebaixas deben estar durante un mes, como mínimo, expostos nas tendas. Desconfíe dos establecementos que cambian os artigos dos seus escaparates para as rebaixas.

Igual producto e garantías

  • As rebaixas deben contar coas mesmas garantías e coas mesmas políticas para cambios e devolucións -sempre e cando non se usase o producto- cós artigos adquiridos antes deste período.
  • Os productos rebaixados deben ofrecer igual calidade a menor prezo. Deben ser artigos de tempada e en perfectas condicións. Rexeite os artigos que non axunten as debidas condicións sanitarias, os que se atopan en mal estado ou os que incumpran as medidas de seguridade.
  • É obrigatorio que nas etiquetas apareza o dobre prezo (o antigo e o rebaixado) ou ben a porcentaxe de rebaixa (adóitase aplicar un desconto mínimo do 20% sobre o prezo de tempada alta e, xeralmente, o desconto aumenta progresivamente).
  • Asegúrese de que a etiquetaxe é correcta e lexible en galego, castelán ou outra lingua oficial do Estado. No caso da roupa, a etiqueta debe incluír instruccións sobre cómo lavala e pasarlle o ferro, e informar dos materiais de confección e dos datos da empresa fabricante (co país de manufactura).

Devolucións, arranxos, tarxetas...

  • Se un establecemento admite devolucións durante toda a tempada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. De non ser así, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo).
  • No caso de amaños de prendas (acurta-la perneira ou as mangas, estreita-la cintura...) acontece o mesmo. Se son gratuítos durante a tempada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén o deberá advertir.
  • Os establecementos que admiten o pagamento con tarxetas de crédito durante o resto do ano están obrigados a admitilos tamén en época de rebaixas, sen recargo sobre o prezo.

Mesmos dereitos

  • Garde sempre o ticket da compra. A súa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devolución.
  • Se merca un electrodoméstico, esixa que lle dean o mesmo período de garantía que ten o artigo co seu prezo normal. Comprobe que toda a documentación está selada e en regra.
  • En rebaixas, os consumidores témo-los mesmos dereitos ca en calquera outro momento. Se cre que algún comercio non respectou os seus dereitos como consumidor, esixa a folla de reclamacións e intente resolve-lo problema de xeito amigable. Tamén se pode dirixir á Oficina Municipal de Información ó Consumidor, ó Servicio de Consumo da súa comunidade autónoma ou a calquera asociación de consumidores.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto