Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As especies invasoras son, xunto á destrucción do hábitat, a principal causa de desaparición de plantas e animais
A globalización non é un fenómeno que afecte só ó comercio, ós sectores primarios, á industria, á economía, á seguridade, á política ou ós fluxos migratorios dos seres humanos. Tamén actúa, e non precisamente de xeito positivo, na natureza. Plantas e animais procedentes doutras latitudes do planeta danan, ás veces irreversiblemente, ós seres vivos autóctonos de cada rexión do globo. Son moitas, e cada vez máis, as especies que atopan fóra das súas áreas naturais un medio apropiado para subsistir. Esta extraordinaria capacidade de adaptación converteuse nunha ameaza que pode favorece-la extinción das especies autóctonas coas que entran en competencia polo alimento ou polo territorio. A proliferación de especies invasoras, ou alóctonas, é, trala destrucción do hábitat, a principal causa de extinción de plantas e animais, debido a que -segundo os casos- depredan sobre as autóctonas, compiten polos recursos, hibrídanse e transmiten enfermidades. Algunhas poden chegar a cambia-lo propio funcionamento do ecosistema. Pero non tódalas especies introducidas causan problemas. De feito, moitas das que habitualmente se utilizan en agricultura e gandería son exóticas. Sen embargo, as especies invasoras convertéronse en parte importante do cambio ambiental global. En España, un de cada catro tipos de peixes que poboan ríos e lagos é foráneo. Moitas plantas e animais chegaron, por causas accidentais ou comerciais, a zonas moi arredadas do seu hábitat natural. A introducción do coello en Australia, que se converteu nunha auténtica praga, é o exemplo máis coñecido de especie invasora. Na Península Ibérica introducíronse -de xeito intencionado ou accidental- moitas especies exóticas, tanto de fauna coma de flora que causaron graves prexuízos ás especies autóctonas.
Herba da Pampa ou plumeiro
Falsa acacia (robinia pseudoacacia) invade, cada vez máis, recunchos dos montes. A herba tradicional das veigas próximas á costa está sendo desprazada polo paspalum, gramínea sudamericana que forma unha capa de groso céspede. O problema é semellante ó que se detectou nas comunidades do Sur e Baleares co carpobrutus, céspede-africano que comezou a utilizarse para alfombra-los xardíns de novas urbanizacións pola súa capacidade para sobrevivir con pouca auga e que acabou desprazando as variedades que medraban na zona.
Caulerpa taxifolia
Mexillón cebra
Cangrexo vermello americano
Lucio
Sapoconcho de Florida
Malvasía canela
Visón AmericanoEn EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI