Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha dieta equilibrada e un estilo de vida saudable reducen en case un 80% a probabilidade de sufrir un accidente cardiovascular
As enfermidades cardiovasculares constitúen a primeira causa de morte en España. O seu impacto sanitario e social non deixa de aumentar e seguirao facendo nas vindeiras décadas, segundo a Sociedade Española de Arteriosclerose e a Sociedade Española de Cardioloxía. O papel da alimentación tórnase fundamental na prevención deste tipo de enfermidades, tanto mediante a promoción dunha dieta equilibrada e saudable entre a poboación xeral, como a través do tratamento de factores de risco asociados (hipertensión, obesidade, hipercolesterolemia, diabete...). Aínda que todo isto non servirá de nada se o noso estilo de vida non é saudable. Evita-lo tabaco, as situacións de tensión e realizar exercicio físico regularmente son condición indispensable para a nosa saúde e benestar.
Non é máis ca unha dieta equilibrada que ten como modelo máis representativo a dieta mediterránea. O consumo abundante de cereais e os seus derivados (pasta, arroz, pan...), de legumes, froitas e froitos secos, de verduras e hortalizas, con menores cantidades de peixe, aves, ovos e derivados lácteos, e aínda menores proporcións de carne, son características esenciais desta dieta. Estes alimentos condiméntanse a miúdo con aceite de oliva e acompáñanse, se se desexa, dunha cantidade moderada de viño tinto (un vasiño á comida e á cea).
Existen distintos tipos de graxas insaturadas, pero as máis representativas son as poliinsaturadas (como os ácidos graxos omega-3, característicos do peixe azul) e as monoinsaturadas (especialmente o ácido oleico, presente no aceite de oliva e o aguacate). As graxas poliinsaturadas contribúen a reduci-las taxas de colesterol total (tanto o HDL-c, tamén chamado colesterol bo, coma o LDL-c ou colesterol malo) e dos triglicéridos en sangue. Estas graxas tamén destacan pola súa capacidade de reduci-lo risco de formación de trombos ou coágulos. As monoinsaturadas reducen o colesterol total a expensas do LDL-c, evitan a súa oxidación (principal causa pola que estas partículas de colesterol tenden a se adheriren ós vasos sanguíneos formando as chamadas placas de ateroma) e aumentan os niveis do HDL-c. Por iso, son especialmente recomendables os seguintes alimentos:
A fibra é unha substancia que arrastra parte do colesterol do noso organismo xunto coas feces, polo que tamén contribúe a reduci-los seus niveis en sangue. Son alimentos especialmente ricos en fibra os legumes, as verduras e hortalizas, as froitas frescas e secas, os froitos secos e os cereais integrais (pan, arroz, pasta e cereais de almorzo integrais...).
A inxestión habitual de substancias con actividade antioxidante relaciónase coa diminución da incidencia de enfermidades cardiovasculares. Un dos principais mecanismos de producción de aterosclerose (estreitamento do diámetro das arterias que dificulta o paso do sangue), orixe das máis das enfermidades cardiovasculares, é a oxidación das LDL-c. Actúan contra ela, entre outras, as seguintes substancias:
Vitamina E: aceite vexetal virxe de primeira presión en frío, froitos secos oleaxinosos e xerme de trigo.
Levar a cabo unha dieta variada, equilibrada en cantidade e calidade de alimentos, consonte ás necesidades individuais. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI