Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

A un ano da chegada do euro, enquisa de CONSUMER: O euro encareceu os prezos e non estamos familiarizados con el

  O euro leva xa un ano connosco como moeda oficial e exclusiva. Con este motivo, CONSUMER realizou unha enquisa monográfica entre 1.350 persoas de todo o país, que retrata con moita precisión o estado de opinión sobre os efectos que tivo na nosa vida cotiá a entrada en vigor da moeda comunitaria.

O estudio constata que é absolutamente xeral (sénteo así o 98% dos cidadáns) a percepción de que o euro encareceu os prezos e, nesta mesma liña, que está moi estendida (41%, fronte ó 10% que pensa que resultou beneficiosa) a opinión de que prexudicou a nosa economía persoal ou familiar. Ademais, compróbase que aínda non nos familiarizamos coa nova moeda, xa que seguimos pensando en pesetas e non sabemos facer de memoria cálculos sinxelos de euros a pesetas e viceversa cunha mínima precisión. Polo tanto, pódese dicir que o período transitorio de tres anos (desde o 1 de xaneiro de 1999 ata a mesma data do 2002), que consistía na utilización do euro escritural, un "euro virtual" que aparecía en contas correntes, nóminas, facturas, prezos de productos, etc., tivo menor efecto do desexado xa que a moeda nacional anterior, neste caso a peseta, segue prevalecendo na mente dos cidadáns.

Outra conclusión é que levamos hoxe máis cartos na carteira ca antes e que pensamos que a mesma cantidade nos rende menos.

E, no outro (pouco voluminoso, por certo) prato da balanza, o das constatacións positivas, compróbase que coñecemos bastante ben (con algunha excepción, coma o billete de 200 euros) as moedas e billetes que están en circulación e que nos parece correcta a actual disposición de billetes e moedas. Para rematar, a enquisa revela que nos amosamos moi confiados no futuro financeiro e político do euro: non en balde sete de cada dez persoas cren que é unha moeda forte que pode competir co dólar, e tamén nesa mesma proporción lle prognostican unha fortaleza crecente conforme pase o tempo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto