Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Elixir sistema de calefacción: Cómpre adaptalo a cada vivenda e zona xeográfica

A calefacción representa o 64% do consumo enerxético total dunha casa, gasto que se pode rebaixar se se instala o sistema máis axeitado para cada caso.

As baixas temperaturas propias da época invernal na que estamos obrigaron a que en moitos fogares se puxesen a traballar os sistemas de calefacción. En España máis dun millón de vivendas dispón de calefacción colectiva e máis de tres millóns contan cun sistema individual (electricidade, gas natural, propano, butano, fuel...), co conseguinte incremento do consumo enerxético.

Segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio de Industria e Enerxía, máis da cuarta parte do consumo final de enerxía e das emisións de CO2 teñen a súa orixe nos fogares españois (vivenda e vehículos). Un estudio elaborado por este organismo sinala que cada familia gasta de media 1.200 euros anuais en enerxía e emite 4,6 toneladas de CO2. A suma do gasto familiar alcanza a cifra de máis de 15.000 millóns de euros, o que representa un 3,5% do Producto Interior Bruto (PIB). O consumo distribúese a partes iguais entre a vivenda e o vehículo privado.

A calefacción representa o 64% do consumo enerxético total dunha casa; un gasto excesivo que se pode rebaixar se realizamos un uso correcto dos sistemas de calefacción. Elixi-lo sistema de calefacción máis axeitado para cada vivenda e familia é unha tarefa que require un estudio polo miúdo das características do noso fogar, do custo que estamos dispostos a asumir e do tipo de clima do lugar onde residamos. A oferta é ampla e hai sistemas para tódalas necesidades.

A enerxía elixida para quenta-lo 34% dos fogares españois é o gas natural. Cataluña, Madrid, o País Vasco, Cantabria e Baleares, son, por esta orde, as Comunidades Autónomas que fan un maior uso do gas natural como fonte de calefacción. A electricidade é a fonte de enerxía pola que optaron Comunidades cun clima máis benévolo, alcanzando o 12% do consumo enerxético total. Nas Canarias, Andalucía, Murcia, Estremadura e nas Baleares as máis das vivendas teñen na electricidade a súa fonte de calor.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto