Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
En setembro do 2000 un matrimonio con nenos pequenos alugou unha casa rural en Asturias. O folleto indicaba que a casa dispuña de tódalas comodidades, incluíndo calefacción. Aboaron 600 euros pola estancia, pero a casa non reunía os requisitos mínimos de hixiene e comodidade. Por iso, non chegaron a ocupala e alugaron ese mesmo día outro apartamento rural. Entre outras deficiencias, a casa, de dous andares, non contaba con comunicación interior entre estes, o que obrigaba a saír ó exterior para acceder ós dormitorios. Os consumidores demandaron ó arrendador e reclamaron a resolución do contrato, maila devolución do prezo aboado. O caso chegou á Audiencia de Oviedo, que o 4 de marzo do 2002 confirmou a sentencia de primeira instancia. Segundo a Audiencia, a publicidade é vinculante e o consumidor pode esixi-lo cumprimento do ofertado. Así, na publicidade da casa rural non se facía consta-la ausencia de comunicación interior entre os andares, o que xeraba incomodidade. Ademais, a casa non reunía as condicións mínimas de hixiene para ser ocupada e servir ó fin de lecer.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI