Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai máis dun ano mercamos un televisor que sufriu dúas veces a mesma avaría no intervalo dun mes. O servicio técnico oficial ó que acudimos négase a nos cambia-lo televisor, pero afirma que se fará cargo da reparación, algo co que non estou de acordo. ¿A quen lle podo pedir unha nova se teño dereito a reclamala? ¿Quen me asegura que despois das dúas reparacións o televisor non se volverá avariar fóra da garantía? ¿Que acontecería nese caso?
Durante o prazo de garantía o mellor é reclamarlle un televisor novo ó vendedor se a avaría reaparece dentro deste prazo. O artigo 11 da Lei Xeral de Defensa do Consumidor establece a obriga do vendedor de entregarlle ó consumidor a garantía por escrito a cargo do productor ou do subministrador. E o artigo 12 da Lei de Ordenación do Comercio polo Miúdo recolle que o vendedor responderá da calidade dos artigos vendidos, e sinala que o vendedor, no momento da entrega do ben, estenderá por conta do fabricante ou importador ou, no seu defecto, en nome propio, o documento de garantía. Tamén será o vendedor quen deba proporciona-las instruccións suficientes para o correcto uso e instalación do artigo, así como para formaliza-las reclamacións pertinentes.
Ó determinarse que o vendedor responderá da calidade, establécese unha obriga que vai máis alá da simplemente formal de entrega do documento escrito e neste mesmo sentido pronúnciase unha directiva europea que considera garante ó vendedor fronte ó consumidor. A xurisprudencia nestes casos dictamina que tanto o vendedor coma o fabricante asumen ante o consumidor a responsabilidade en igualdade de condicións e que é posible reclamarlle, durante o período de garantía, a substitución do producto por un novo ó vendedor, ó fabricante ou a ámbolos dous á vez.
No tocante á segunda cuestión, transcorrido o prazo da garantía os dereitos que lle outorga ó consumidor extínguense e xa non se poden facer valer. Se o televisor volve presenta-la mesma avaría, poderíase entender, sendo o defecto de orixe, e en función da súa importancia, que se entregou un producto que é inadecuado para o fin polo que foi adquirido e, en consecuencia, estaríase ante un incumprimento de contrato (artigo 1.124 do Código Civil) e non ante un simple vicio ou defecto. Cataloga-los defectos non como simples vicios senón como fundamentais para o incumprimento de contrato permite acudir ós tribunais solicitando a resolución do mesmo, é dicir, a devolución do prezo pagado, pondo á disposición do vendedor o producto defectuoso.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI