Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Os casquetes polares comezaron a minguar

Non hai consenso entre os expertos sobre o motivo nin sobre as súas consecuencias

 

Diversos estudios científicos descubriron que os casquetes dos polos Norte e Sur puideron iniciar un desxeo con repercusións nocivas para o resto da Terra. Un aumento da temperatura media en un ou dous graos provocaría un desxeo que acabaría inundando rexións e cidades situadas ás beiras do mar. Sen embargo, outros científicos afirman que o desastre non sería tal, pois a Terra sufriu cambios bruscos de temperatura ó longo da súa historia e a evolución continuou. Ademais, lugares inhóspitos poderíanse converter en zonas habitables e aptas para a agricultura.

Rexións polares: qué son e ónde están

As rexións polares expándense arredor dos dous polos da esfera terrestre e atópanse acoutadas polos círculos polares Ártico e Antártico. Ámbolos territorios permanecen na súa maior parte cubertos de xeo, consecuencia da acumulación de neve invernal que non chega a ser derretida pola luz solar durante o estío. Unha característica dos mares polares son os iceberg que, ó estaren situados ó bordo das costas, se desprenden e comezan a flotar á deriva, ata que desaparecen disoltos na auga do mar. Nos polos, pola posición da Terra con respecto ó sol, os raios descenden oblicuamente, o que impide que sexan absorbidos totalmente polo chan, e unha gran porcentaxe da calor é rexeitada por reflexión. As temperaturas resultan moi rigorosas e en moitos lugares non alcanzan cifras por riba de cero nin sequera no verán. As marcas extremas que se rexistraron son de -88ºC na Antártida, e -50ºC no Ártico.

Na súa parte continental o Ártico comprende os extremos setentrionais de América do Norte (Alaska, Canadá e Groenlandia), Europa (Países escandinavos) e Asia (Rusia). Os fríos non son tan extremos na rexión ártica coma na antártica, debido a que a maior parte do Ártico está ocupada polo mar e a que a masa de auga oceánica absorbe mellor a calor durante o longo verán. O animal máis coñecido desta zona é o oso polar, o maior carnívoro vivinte. Pode pesar 800 quilos e aliméntase basicamente de focas e peixes.

Antártida, frío e ciencia

A diferencia do Ártico, a Antártida é un verdadeiro continente de preto de 14 millóns de quilómetros cadrados, aínda que menos de 7.600 deses quilómetros quedan libres de xeo. O casquete glacial alcanza nalgúns lugares ata catro quilómetros de espesura, polo que a vida vexetal se reduce a liques e musgos. Sen embargo, hai dúas especies de plantas con flores, que medran na península Antártica, o extremo máis próximo a América do Sur, máis cálida e húmida có resto do territorio. Debido á escasa vexetación, non viven mamíferos terrestres, pero malia ó frío extremo e á longa noite polar, pódense atopar nestas rexións algunhas especies animais como osos polares, focas, baleas, pingüíns, etc. Os fondos mariños antárticos acollen unha gran riqueza en peixes. Os científicos son os únicos habitantes humanos que deambulan pola Antártida, un peculiar lugar de estudio que segundo algúns expertos encerra a clave de moitos problemas ambientais actuais. A Antártida, segundo estes investigadores, experimenta un curioso fenómeno: mentres que en certas rexións se rexistra un quecemento máis rápido ca en ningún outro lugar do mundo, noutras as medias de temperatura descenden. Algúns dos seus glaciares estanse debilitando e outros, pola contra, conteñen xeo en formación.

Consecuencias do desxeo

As zonas polares xogan un papel fundamental na biosfera común do planeta. As diferentes partes da Terra están suxeitas a diversos graos de quecemento e arrefriamento, e os seus intercambios (mediante ventos e correntes dos océanos) conforman o clima que temos hoxe en día, totalmente interdependente entre unhas zonas e outras, como ben proba o fenómeno do Neno.

Actualmente, parece que o xeo comeza a diminuír como consecuencia do quecemento global do planeta e do efecto invernadoiro, aínda que os casquetes polares aínda non minguaron espectacularmente. A ausencia deste xeo podería cambia-la topografía do mundo, pois algunhas masas de terra quedarían somerxidas e outras tornaríanse moi quentes.

Os glaciares, ameazados tamén

Segundo científicos da Universidade de Ohio (Estados Unidos), algúns impoñentes escenarios naturais que forman os glaciares e os cumes nevados de América do Sur e África poden quedar quizais na lembranza en tan só 15 anos. O estudio reúne vinte anos de investigacións durante os que se controlaron os casquetes de xeo de América do Sur, África, China, o Tíbet e outros lugares do globo. Segundo as conclusións, nos últimos doce anos fundíronse polo menos un tercio da cuberta de xeo do monte Kilimanjaro, e en relación a cando foi cartografado por primeira vez, en 1912, perdeu arredor do 82% da capa xeada. Outro tanto ocorre nos Andes: a cuberta xeada do monte Quelccaya (Perú) reduciuse preto dun 20% desde 1963. Ademais, o ritmo de retracción dun dos principais glaciares que xorde de alí, o Qori Kalis, foi 32 veces maior nos últimos tres anos ca entre 1963 e 1978.

Afectaría negativamente ó planeta
Se a temperatura do planeta aumentara un ou dous graos centígrados, habería suficiente xeo derretido para inundar grandes áreas de terra firme, o que prexudicaría especialmente a cidades costeiras que levantan as súas construccións a poucos metros do nivel do mar e mesmo a países enteiros como Bangladesh e a outras illas do océano Pacífico. Aínda que unha maior temperatura e maiores superficies inundadas implican unha maior taxa de evaporación, non se podería esperar un efecto compensatorio, porque esta taxa non sería alta abondo como para permitir que toda a auga derretida permanecese en estado de vapor. Para que acontecese iso, a temperatura global do planeta tería que aumentar moito máis, a niveis sorprendentemente altos e intolerables para calquera ecosistema.

Non afectaría tanto
Durante as anteriores eras xeolóxicas, a Terra pasou por períodos sen casquetes polares e por outros nos que as zonas xeadas eran moito maiores cás actuais. Pero en calquera caso, a vida sobre o planeta sobreviviu sen riscos de ningún tipo e se ben desapareceron algunhas especies, xurdiron outras novas. Por outra banda, téndese a pensar que se a temperatura global aumentase e derretese as masas de xeo polares, os humanos e o resto dos animais terrestres veriámonos confinados nun espacio menor, ó termos que retroceder ante o avance dos océanos. Esta visión non considera que moitas áreas continentais agora inhabitables se converterían en zonas agradables para residir e útiles para desenvolve-la agricultura.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto