Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Accesibilidade nas cidades: Cines, museos e piscinas marxinan ós discapacitados españois

Usuarios de cadeira de rodas e invidentes comprobaron "in situ" en doce cidades españolas a accesibilidade de 36 cines, 36 museos e 12 piscinas

Museos, Cine, Piscinas e táboa comparativa

Cuestións xerais:

Se comprobó si había en las cercanías de todas las instalaciones aparcamientos reservados para minusválidos, y en su caso si las plazas eran suficientemente grandes, si estaban ocupadas por vehículos de personas sin discapacidad, y si los accesos a la acera se encontraban adaptados.

  Tanto en museos y cines como en piscinas se comprobó si los accesos están adaptados para usuarios con silla de ruedas: si en el caso de haber escaleras se había acondicionado la entrada con rampa o plataformas elevadoras, etc.. Se han penalizado.

Comprobouse se había nas proximidades de tódalas instalacións aparcamentos reservados para minusválidos, e de ser así, se as prazas eran grandes abondo, se estaban ocupadas por vehículos de persoas sen discapacidade, e se os accesos á beirarrúa estaban adaptados.

Tanto nos museos e cines coma nas piscinas comprobouse se os accesos están adaptados para usuarios con cadeira de rodas: se no caso de haber escaleiras se acondicionara a entrada con rampla ou plataformas elevadoras, etc. Penalizáronse, aínda que pouco, as instalacións non accesibles desde a porta principal e que acondicionan outra entrada específica para os discapacitados. Nos tres tipos de centro avaliouse se os aseos (e vestiarios, nas piscinas) están adaptados. Comprobouse se a porta de acceso ten cando menos 80 cm de anchura, se a cabina ten a apertura cara ó exterior (tamén pode ser corredeira, ou que permita pechar desde dentro), se a capacidade de xiro no seu interior é de polo menos 150 cm, se o pavimento é antiescorregante, se hai barras abatibles e situadas nun lugar correcto, e agarradoiras adecuadas; se o lavabo está a unha altura de 70-80 cm que permita achegarse coa cadeira, e se ten billas mono-mando, se o inodoro está entre 45 e 55 cm de altura. Nos vestiarios anotouse se había espacio abondo para moverse sen problemas e tamén a accesibilidade dos despachos de billetes, en termos de altura. No tocante ós espacios interiores, comprobouse se algunha barreira arquitectónica (escaleiras, distribución de obxectos -carteis, papeleiras...- e o mobiliario: bancos ou cadeiras, etc.) dificultaba o correcto tránsito da cadeira de rodas. Penalizouse que non se poida visitar algunha sala do polideportivo. Comprobouse tamén se había, nos tres tipos de centro, carteis indicadores en braille, para os cegos.

Museos:

Comprobouse se tódalas salas e obras eran accesibles, ben pola altura adecuada das obras e carteis explicativos (no caso dos usuarios de cadeira de rodas), pola existencia de dispositivos específicos (gravación que informe sobre datos de interese sobre a obra, ou carteis en linguaxe braille), ou ben porque o persoal do museo se ofreza a realizar unha visita guiada (valorouse mellor cando se fai de xeito gratuíto e sen horario prefixado). Cando o museo tiña ascensor, estudiouse se era accesible (capacidade de xiro, ou apertura polo lado contrario ó que se entra, botóns accesibles pola súa altura e en braille para os invidentes...). E valorouse positivamente que ós invidentes se lles permita palpa-las esculturas exhibidas no museo.

Cines:

Amais do descrito ata agora, nos cines comprobouse se hai espacios reservados para persoas que van en cadeira de rodas. Observouse, cando procedía, se se trataba de sitios concretos; e, nese caso, se se podía ver ben a película desde ese emprazamento. Nos cines que non dispuñan de sitios reservados penalizáronse as situacións perigosas ou non adecuadas, como a máis habitual, no medio do corredor. No tocante ós invidentes, comprobouse se se lle ofrecía ó usuario a posibilidade de consulta-la carteleira mediante folletos en braille ou sistema telefónico gratuíto, se o persoal do cine se ofrecía a acompaña-lo cliente ata a súa localidade e se isto se fai desde a entrada do cine ou desde a entrada á sala, e se o fan tamén ó remate da proxección, e se o persoal se ofrece ou cómpre requirir esta prestación. No caso de que o cine teña ascensor, comprobouse o seu grao de adaptación para os dous tipos de discapacitados que realizaron o estudio.

Piscinas:

Amais de todo o analizado en cines e museos que sexa de aplicación nun polideportivo, nas piscinas estudiouse a accesibilidade á pileta e a existencia dalgún dispositivo (como un guindastre específico) que lles facilite a entrada á auga ós usuarios de cadeira de rodas. Tamén se anotou se o persoal das piscinas se ofrecía a acompaña-lo usuario invidente ós vestiarios, e se as estaxes da piscina contaban con corcheiras que orienten ós cegos mentres nadan.

TÁBOA COMPARATIVA

Os cadros cidade por cidade

A Coruña
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Cines Yelmo Aceptable Moi Ben
Cines Clarín Mal Moi Ben
Cines Equitativa Moi Mal Moi Ben
Museos
Museo de Arte Contemporáneo Moi Mal Moi Mal
Casa de las Ciencias Moi Mal Mal
Museo Domus Ben Mal
Piscina
Complexo deportivo
Fernando Bremón Pérez
Moi Mal Moi Mal
Desprazamentos na cidade Mal Moi Mal
Alacante
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Warner Lusomundo Ben Ben
Cines Navas Moi Mal Moi Ben
Cines Ana Moi Mal Moi Ben
Museos
Museo La Asegurada Moi Mal Regular
Museo de Arqueoloxía Marq Ben Regular
Sala Poliv. Monte Tossal Moi Mal Moi Mal
Piscina
Piscina Monte Tossal Mal Moi Mal
Desprazamentos na cidade Moi Mal Moi Mal
Barcelona
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Cines París Moi Mal Moi Ben
Cines Urgell Moi Mal Ben
Warner Lusomundo Ben Moi Ben
Museos
Egipci de Barcelona Ben Moi Mal
Museo Picasso Ben Moi Mal
Historia de la Ciutat Regular Moi Mal
Piscina
Piscina Bernat Picornell Excelente Regular
Desprazamentos na cidade Moi Mal Mal
Bilbao
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Cines Ideales Ben Moi Ben
Cines Capitol Excelente Moi Ben
Cines Avenida Moi Mal Moi Mal
Museos
Arqueolóxico Moi Mal Moi Mal
Diocesano Moi Ben Moi Mal
Belas Artes Moi Ben Aceptable
Piscina
Polideportivo de Txurdinaga Mal Aceptable
Desprazamentos na cidade Regular Moi Mal
San Sebastián
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Cines Warner Regular Regular
Cines Astoria Mal Regular
Cines Principe (Sade) Mal Moi Mal
Museos
Miramón Kutxa Espacio da Ciencia Aceptable Regular
Museo Naval Moi Mal Moi Mal
Aquarium Donostia Moi Mal Aceptable
Piscina
Piscina Municipal de Anoeta Aceptable Aceptable
Desprazamentos na cidade Regular Moi Mal
Madrid
Usuarios en Cadeira Rodas Usuarios Invidentes
Cines
Cine Imperial Moi Mal Regular
Cines Roxy A Moi Mal Moi Ben
Cines Paz Moi Mal Moi Ben
Museos
Museo Thyssen Moi Ben Ben
Museo de Cera Moi Mal Moi Ben
Museo de Bomberos Regular Moi Mal
Piscina
Piscina de Chamartín Aceptable Aceptable
Desprazamentos na cidade Mal Moi Mal

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto