Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deporte branco: Para tódolos petos

As estacións de esquí fixeron os seus deberes para a tempada que acaba de comezar e prepáranse para recibiren os milleiros de afeccionados que cada ano lles quitan o po ás súas táboas coa chegada das primeiras neves

  Deslizarse por unha ladeira nevada rodeada de bosque xa non é unha práctica elitista e minoritaria. O negocio do esquí en España goza de boa saúde e dunha crecente popularidade. O ano pasado as estacións invernais españolas recibiron a visita de cinco millóns e medio de esquiadores, un 4% máis ca na tempada 2000-2001. A esta cifra cómpre engadi-la dos deportistas que optaron polas pistas andorranas e francesas, non en van somos o segundo cliente en número das estacións de esquí do país veciño, por detrás só dos propios franceses.

Nestes dous últimos anos os investimentos nos centros invernais do noso país superan os 100 millóns de euros. Só na actual tempada 2002-03 as estacións de esquí alpino españolas investiron 32 millóns de euros en ampliaren e melloraren as súas instalacións. E é que cómpre manter a punto 29 estacións, 873 quilómetros de pistas balizadas, 330 remontes e 152 quilómetros de pistas de esquí de fondo.

Gozar desta oferta tan ampla encaixa nos máis variados poderes adquisitivos. Deslizarse pola neve durante unha fin de semana con aloxamento, forfait e seguro incluído custa entre 40 e 202 euros. Só hai que elixi-la estación e o aloxamento máis acorde coas posibilidades económicas de cada un.

Tamén se pode optar por unha escapada de ida e volta. O custo varía de novo en función da oferta da estación. Acceder ós remontes e pistas de Leitariegos, a máis barata do noso país, custa en tempada alta 11'42 euros diarios, na estación de Baqueira Beret o forfait de día ten un prezo de 33 euros. Pero iso si, a estación leonesa ofrece pouco máis de 3 quilómetros de pistas balizadas, fronte ós 87 cos que conta a estación catalana, amais dunha infraestructura e uns servicios inmellorables.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto