Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O arrendador tivo que indemniza-los inquilinos por non repara-la vivenda

Os inquilinos dunha vivenda denunciaron no ano 1979 ó arrendador ante a Delegación Territorial de Sanidade e Seguridade Social, por non reparar certos estragos e defectos que afectaban á habitabilidade do inmoble. A Administración concedeulle ó arrendador o prazo dun mes para repara-los desaugadoiros. Un ano despois volveron presentar denuncia, pero de novo os requirimentos non serviron para nada. A vivenda vendeuse, e o novo propietario foi tamén requirido polos inquilinos para realiza-las reparacións que evitasen a ruína do piso. Pero fixo caso omiso, polo que novamente os inquilinos denunciaron o estado da vivenda. Tódolos requirimentos seguiron sen dar resultado, ata que o Concello decretou o estado de ruína da vivenda e os inquilinos tiveron que abandonala. Di o Tribunal Supremo, en sentencia do 11 de marzo de 2002, que o primeiro propietario incumpriu os seus deberes contractuais por non proceder, no seu momento, a realiza-las reparacións necesarias ás que estaba obrigado, facilitando deste xeito o estado de ruína en beneficio seu como consecuencia das plusvalías obtidas pola venda do solar. Polo que o condena a aboa-la cantidade de 25.242 euros, máis outros 3.005 euros por danos morais.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto