Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un neno morreu asfixiado ó inxerir unha lambetada de gran tamaño

Un pai comprou nun quiosco unha bolsa de lambetadas para o seu fillo de tres anos. Algo despois de meter na boca unha delas, o neno sentiuse indisposto e foi trasladado ó centro de saúde, onde ingresou cadáver. Segundo o médico forense, a causa da morte foi a "asfixia por sufocación provocada pola obstrucción das vías respiratorias debido á inxestión da larpeirada". Trala denuncia presentada no Instituto Nacional de Consumo (INC), este elaborou un informe que indicaba que a lambetada, de forma case esférica e cun diámetro de 3,5 centímetros, ó ser introducida na boca dun neno ocupa todo o seu volume facendo case imposible o seu manexo. Por iso, o INC considerou que esta lambetada implicaba un grave risco para a saúde e seguridade da poboación infantil. Os pais demandaron á empresa comercializadora e ós titulares do quiosco. Estes últimos foron absoltos porque lle venderon o producto a un adulto. En sentencia do 10 de xuño de 2002, o Tribunal Supremo condena a empresa comercializadora por non cumprir con tódolos coidados que esixía a natureza do producto. Agora ben, o Tribunal tamén considera que a actitude do pai, dándolle unha lambetada de tal tamaño ó seu fillo, foi impropia, polo que condena a empresa a indemniza-los pais con 36.061 euros e non cos 63.106 solicitados.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto