Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O banco non pode modificar unha conta sen autorización do titular

Teño unha conta aberta nunha entidade bancaria, pendente de acabar de pagar unhas cotas dun préstamo, polo que tódolos meses ingreso a parte correspondente a estes recibos. Hai uns meses cargáronme nesa conta unha cota dun plan de pensións (incluíndo os gastos mailos xuros) que eu cancelei o ano pasado. Reclamei a devolución da cota do plan de pensións, e mailos gastos e xuros que me cobraron e néganse a iso, e non sei cómo defenderme. Ademais, outro banco concedeume unha tarxeta de crédito, asinei o recibido e utiliceina con normalidade nos caixeiros. Sen embargo, nun recente viaxe non puiden usala, pois non funcionaba a pesar de que dispoño de crédito suficiente. Chamei por teléfono ó banco e comunícanme que non posúo esas tarxetas, cando as teño na man. ¿Que podo facer e a que teño dereito?

  Do relato da primeira consulta enténdese que o banco cargou na conta unha cota, máis gastos e xuros, por erro, dado que o lector afirma que o plan de pensións se cancelara tempo atrás. Tratándose dun erro e tendo en conta que os fondos desa conta lle pertencen ó titular da mesma, a entidade bancaria carece de lexitimación para efectuar cargas ou disposicións sen previa autorización expresa deste ou sen un mandato xudicial que así o dispoña. O mellor é presentar unha reclamación por escrito dirixida ó director da sucursal, achegando copia dos documentos que acrediten a cancelación do plan e solicitando a devolución das cantidades cargadas na súa conta, mailos xuros. No caso de non obter resposta satisfactoria, cómpre dirixirse ó Servicio de Atención ó Cliente do Banco, tamén por escrito. Se, aínda así, non se logra o resultado buscado, pódese dirixir ó Servicio de Reclamacións do Banco de España. Tamén se pode optar polos tribunais.

No tocante á segunda consulta, existe a posibilidade de que o banco, por erro, ou por decisión unilateral, anulara a tarxeta, o que podería explicar que sexa inoperativa. Hai que segui-los mesmos pasos ca no caso anterior. A este respecto, o Servicio de Reclamacións do Banco de España sinalou que as entidades financeiras poden cancela-las tarxetas unilateralmente, pero teñen que cumprir cunha serie de obrigas, como comunicarlles previamente a súa decisión ós titulares das tarxetas. En ámbolos casos o Servicio de Reclamacións do Banco de España considerou este tipo de practicas contrarias ás boas prácticas bancarias e aínda que os seus dictames non son vinculantes, as entidades adoitan acatalas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto