Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un bo plan de exercicios combina o traballo cardiovascular ou aeróbico, a tonificación muscular e os estiramentos
O exercicio é coma os fármacos, para obter beneficios cómpre administralo correctamente. Para poñerse en forma non basta con elixir un bo ximnasio. Hai que aproveitar ó máximo os exercicios para que o adestramento sexa eficaz, e facelo dun xeito gradual e responsable para evitar lesións.
Unha persoa desadestrada, a que fai exercicio por primeira vez ou estivo inactiva durante moito tempo, debe comezar cunha actividade física moderada, cunha frecuencia de tres días á semana a días alternos. Unha persoa máis adestrada pode ir ó ximnasio catro días ou máis. Aínda que con tres días é abondo.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI