Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Traumatismos leves, intoxicacións, queimaduras e afogamentos son as principais consecuencias dos accidentes domésticos
Enchufes, repisas da terraza, mesas de cristal, botellas de deterxentes, fármacos ou un sinxelo dedal converten o fogar no espacio onde, segundo datos ministeriais, se producen a gran maioría de accidentes infantís. Son causas alleas á vontade e cun importante compoñente fortuíto, e aínda que a tendencia marca un continuo descenso, sobre todo en accidentes con consecuencias graves, as cifras non son alentadoras. Segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade e Consumo, o pasado ano producíronse en total 2.016.555 accidentes que requiriron tratamento clínico, e faleceron 2.000 persoas como consecuencia dos mesmos. Os principais protagonistas dos accidentes no fogar son, loxicamente, quen máis tempo pasa na casa: nenos e mulleres.
O número total de casos incrementaríase se se contabilizasen os que tan só requiren primeiros auxilios no propio fogar. Non obstante, entre os que si precisaron atención médica, a gravidade non é nada desprezable: case o 50% dos accidentes provocaron secuelas para o sinistrado e as víctimas precisaron unha media de 8 días de hospitalización para sandaren. O azar (50%), os descoidos ou a distracción (19%), a imprudencia ou temeridade (17%) e a intervención dunha segunda persoa (5%) son as principais causas do sinistro. Cando o accidente acontece ó utilizar un utensilio ou producto de uso doméstico, algunhas víctimas bótanlle a culpa á construcción ou deseño do producto (3%), pero moi poucas á falta de información proporcionada polo fabricante (0,1%), e un 0,4% delas recoñece que non seguiu as instruccións de emprego. No tocante ás lesións máis habituais, os traumatismos leves (golpes, caídas, cortes...) representan máis do 90% do total; as intoxicacións suman entre o 2% e o 4% das consultas urxentes nos hospitais e ocorren fundamentalmente nos nenos de entre 1 ano e 5 anos; as queimaduras non chegan ó 2%, pero a maioría ocorren en nenos de menos de 4 anos e xeran moitos ingresos e secuelas, e o afogamento, aínda que constitúe unha causa pouco frecuente de consulta (menos do 1%), provoca unha elevada mortalidade.
Estas dúas son as estancias máis perigosas do fogar, se se atende ós partes de incidencias. Evitalos conséguese adoptando medidas sinxelas que cómpre convertermos en costume.
Na cociña
No baño
Son moitos os recunchos e obxectos que poden levar a que neno sufra un incidente, polo que cómpre tomar certas precaucións. Non se trata de coaccionar ou sobreprotexe-lo neno e inhibi-las súas necesidades de exploración do medio, senón de buscar tranquilidade. É básico:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI