Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Eficiencia enerxética: Proveitosa para o ambiente e para o peto

O esgotamento das fontes de enerxía non renovables, o aforro monetario ou o coidado do medio natural son algunhas das razóns polas que comezamos a nos familiarizar co termo eficiencia enerxética, pero, ¿de que se fala exactamente cando se utiliza esta expresión? De algo tan sinxelo como da adecuada administración da enerxía e, en consecuencia, do seu aforro.

  A enerxía é algo que utilizamos a cotío e constantemente desde que nos erguemos ata que nos deitamos, pero raramente pensamos en cómo administrala non soamente para aforrar cartos, senón tamén para preserva-lo medio natural. E é que cómpre ter claro que é a propia natureza a que máis caro pagará tódolos nosos excesos enerxéticos, sobre todo se se considera que tan só o 6% da enerxía utilizada en España procede de fontes renovables.

Resulta prioritario, polo tanto, reducir esta dependencia económica do petróleo e de combustibles fósiles -trátase de fontes que ós poucos vanse esgotando- e para iso hai dúas solucións: potencia-lo uso de fontes alternativas e renovables e, aínda máis importante, aprender a usar eficientemente a enerxía, cuestión na que todos temos igual responsabilidade. O aforro de enerxía pódese conseguir en calquera das actividades cotiás e, ademais, hoxe en día hai moitos adiantos tecnolóxicos orientados a este fin que obtiveron bos resultados. Estímase que desde 1970 ata a actualidade se consumiu un 20% menos de enerxía para xera-los mesmos bens.

Cómo facer máis eficaz o consumo de enerxía

As lámpadas fluorescentes (chamadas de baixo consumo) difiren en moi pouco das convencionais e, ademais, están deseñadas para substituír directamente as lámpadas incandescentes tradicionais. As vantaxes do seu uso son numerosas: consumen un 20-25% menos, duran ata 8.000 horas (8 veces máis) e alcanzan a rendibilidade arredor das 3.000 horas de funcionamento, polo que se recomendan especialmente en usos de conexión prolongada. Non obstante, non se recomenda o seu uso en lugares onde teñan un apagado e acendido frecuente, xa que o seu consumo se fai rendible a partir da media hora de funcionamento.

As técnicas de illamento térmico, que consisten en incorporar ós peches de edificios (muros, chans, cubertas, etc.) materiais que opoñen gran resistencia ó paso da calor, reducen as perdas de calor que se producen en inverno e, adicionalmente, evitan que penetre no verán. En resumo, o illamento térmico serve para aforrar enerxía por reducción do consumo da calefacción ou do aire acondicionado, amais de asegura-lo confort interior tanto no inverno coma no verán. A gama de materiais que se poden atopar no mercado é cada vez máis ampla, pero os máis habituais son o cortiza e aglomerados de madeira, as fibras minerais, o polistireno, o vidro celular ou o poliuretano. A súa elección dependerá do lugar no que se vaia empregar.

No tocante ó aforro de combustible no transporte, os hábitos de conducción constitúen un factor clave para non gastar máis do necesario cada vez que se utiliza o automóbil. Para comprende-la relevancia do aforro de enerxía en motores e a importancia de apostar polas enerxías renovables, abonda con saber que en España o transporte emprega case a metade de todo o petróleo consumido no país, e que en todo o mundo os automóbiles son os principais responsables do consumo de petróleo. A contribución dos usuarios pasa por conducir a menor velocidade ou sen aceleracións bruscas para reduci-lo consumo.

Coa nosa actitude no fogar tamén podemos aforrar enerxía e non só recortar así as nosas facturas de luz e de gas, senón tamén axudar ó medio natural. Trátase de ter en conta pequenos hábitos á hora de realiza-los labores do fogar ou, simplemente, ó estar na casa.

  • Carga-la lavadora ó máximo para face-lo menor número de lavados posible.
  • Pasarlle o ferro á maior cantidade de roupa cada vez e non deixar este electrodoméstico aceso máis do preciso.
  • Pechar ben o refrixerador.
  • Apaga-los aparellos de audio e vídeo cando ninguén os utilice.
  • Acende-las luces soamente cando se precisen, utilizar sempre que se poida a luz natural.
  • Non quentar excesivamente a casa para despois acabar abrindo as ventás debido á calor (lembremos que a temperatura ideal no fogar é de 22º).
  • Á hora de cociñar, tapar sempre as cazolas para non malgastar calor.

Eficiencia enerxética dos electrodomésticos: do A ó G

  • En 1994 entrou en vigor en España unha directiva comunitaria que esixe o etiquetado "enerxético" de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, secadoras, lavalouzas e lámpadas de uso doméstico. Desde esa data, tódolos fabricantes deben identificar cada electrodoméstico cun nivel de eficiencia que se indicará cunha letra, do A ó G, o A indica a máxima eficiencia e o G a mínima.
  • Un ano antes de que a directiva entrase en vigor en España, realizouse en Europa un cálculo para situar cada electrodoméstico nun dos sete niveles. Procedeuse do seguinte xeito: mediuse o consumo anual de frigoríficos, lavadoras, etc, e ó consumo medio dos aparellos analizados asignóuselle-lo punto intermedio entre as letras D e E (que son os niveis que quedan na metade entre o A e o G). A partir dese punto, o valor medio, calculáronse os demais. Así, un frigorífico co mesmo volume de clase A consume un 55% da enerxía que utilizaría para o mesmo labor un de tipo medio (o 100% da enerxía). O de clase B consume entre un 55% e un 75%; unha lavadora C gasta entre un 75% e un 90%, e así sucesivamente. Ou, dito doutro xeito, o electrodoméstico B consume sobre un 10% máis có A, o C un 20% máis có A...
  • Nestas etiquetas, amais de aparece-la letra que lles corresponde, achégase máis información sobre cada electrodoméstico na parte dereita da adhesivo. Por exemplo, as lavadoras miden o consumo enerxético en Kw/h (kilowatios por hora) por ciclo de lavado e consignan tamén o consumo de auga en litros e o ruído da máquina mentres está funcionando.
  • Cómpre ter en conta que non hai ningún organismo independente que etiquete cada electrodoméstico. As propias marcas contratan os servicios de laboratorios homologados para faceren probas de consumo dos seus modelos e cos resultados desas probas poñen as etiquetas.
  • Un dato importante: diversos estudios calcularon que a diferencia de prezo entre un aparello da clase A e outro da clase C se amortiza en 5 anos gracias ó seu menor consumo.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto