Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Facerse maior comporta familiarizarse co sufrimento, aprender a aturalo e saber saír adiante tras cada golpe que a vida nos asesta
Cando se é neno, a máis elevada expresión da actividade socio-festiva constitúena os bautizos e as primeiras comuñóns; a adolescencia e mocidade incorporan a este agradable catálogo de encontros as sempre felices vodas. Pero superados os corenta o principal rito social é que un mes si e outro non acudimos ó enterro dun amigo, compañeiro de traballo ou familiar directo. E atopámonos con esa inconfundible dor que xera a morte, a ausencia definitiva e irreparable de persoas fundamentais na nosa vida. Unha das razóns do desconcerto no que nos sume a morte é que case sempre acontece sen que previamente efectuasemos un adestramento que nos permita asumila como un feito inevitable e rutineiro, e iso porque vivimos de costas á morte.
As persoas afectadas pola morte dun ser querido presentan uns síntomas característicos e seguen unha serie de etapas para a asunción da perda. Ás veces preséntanse dificultades engadidas que frean o proceso e o fan aínda máis duro, pero esta sensación sobredimensionada de loito pode superarse cun punto de vista e apoio adecuados. A nosa cultura actual dificulta a elaboración do dó, pero somos seres intelixentes dotados dun grande instinto de supervivencia, e por iso sabemos reaccionar ante as dificultades e sobrepoñernos a elas. E se non, aprendemos. A traxedia ocorreu, pero a vida continúa e as esixencias que o día a día nos presenta requiren toda a nosa atención, entusiasmo e lucidez. Unha correcta elaboración do dó permitiralle ó afectado reintegrarse á súa vida normal coa enerxía necesaria.
Os síntomas son semellantes ós das depresións maiores: tristura, trastorno do sono, alteracións do apetito e da libido, perda de peso... Tamén diminúe o interese polo mundo exterior, sobre todo no que fai lembra-la persoa finada. E sobrevén o desinterese polo traballo, por atopar novas relaciones, amais de manifestacións de angustia, sentimentos de culpa, apatía, falta de esperanza, e incluso -en casos graves- os pensamentos de suicidio.
Xorden tamén síntomas físicos como cefaleas, úlceras, problemas respiratorios, palpitacións, sudoración, e diminución das defensas do organismo.
Os pasos da elaboración do dó son:
Para supera-lo dó hai que vivilo, temos que concedernos a oportunidade de sufri-las súas consecuencias. E comprende-la tristura de quen o sofre, por moi acentuada ou esaxerada que pareza. Pero se o dó non se elabora correctamente -non se viviron algunhas fases, ou se interromperon ou se reprimiron emocións dolorosas-, poden xurdir síntomas patolóxicos, relacionados coa necesidade de permanecer unido ó ausente. Vexámo-los indicadores do dó patolóxico.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI