Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Convén promover enerxías que poidan ser producidas por tódolos países para así eliminar monopolios
O combustible que empregan coches, avións ou camións para desprazarse; o gasóleo que alimenta a calefacción; o asfalto que cobre estradas, autovías e autoestradas; os plásticos empregados para a fabricación de ordenadores, xoguetes, electrodomésticos, envases, etc. Estes son só algúns dos productos que se obteñen directa ou indirectamente do petróleo, e tal variedade de usos fai que, hoxe por hoxe, vivir sen o ouro negro sexa unha quimera.
Do petróleo dise que é o recurso enerxético máis importante na historia da humanidade; un recurso natural non renovable que proporciona a maior parte, un 40%, do total da enerxía que se consume no mundo. Segundo datos da Corporación de Reservas Estratéxicas de productos petrolíferos (CORES), só no noso país o consumo de productos petrolíferos no 2001 foi de 68'9 millóns de toneladas, cun incremento de 2'6 millóns de toneladas, un 4%, con respecto ó 2000.
O petróleo consúmese maioritariamente nos países onde non se produce. Entre os Estados Unidos e Europa occidental absorben case a metade do consumo petrolífero mundial. Sen embargo, os países do Golfo Pérsico, que só representan o 4'5% do consumo mundial, son os maiores emisores, co 26% da producción. Así as cousas, os países occidentais dependen da importación, e vense obrigatoriamente sometidos ós prezos que impoña un mercado oscilante e imprevisible, con variacións que poden ter graves e encadeadas consecuencias na economía mundial: caída do consumo, aumento da inflación, incremento dos tipos de interese...
Ante este panorama os países dependentes comezaron a buscarlle alternativas ó petróleo, centrando os seus esforzos na obtención de enerxías baratas e non contaminantes que poidan ser producidas por tódolos países para así eliminar monopolios. Un posible substituto do petróleo como combustible é o hidróxeno, pero o seu proceso de obtención resulta aínda demasiado caro, e presúmese que teñen que pasar varias décadas para que destrone ó rei negro do seu trono.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI