Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Colchóns de resortes: Un maior prezo non equivale a máis calidade

Os colchóns máis baratos son os mellor valorados, e os máis caros son os que peores notas obteñen

Analizáronse oito colchóns de 135 centímetros de ancho (os que se coñecen como de matrimonio) con prezos que varían notablemente, desde os 181 euros de Star Kapok ós 326 euros de Dormilón Zurbarán. A mellor relación calidade-prezo é Star Kapok, xa que amais de se-lo máis barato demostrou un dos mellores comportamentos nas probas.

  Na valoración global (na que non se tivo en conta a firmeza ó non estar demostrado que un colchón máis ríxido sexa máis conveniente para a saúde do usuario) comprobouse que os catro productos mellor valorados son tamén os catro máis baratos.

Tódolos colchóns miden 190 cm. de longo (a medida estándar na actualidade), agás Comodón Dorsal Oro, que ten dez centímetros menos (o longo das camas hai uns anos, cando a estatura media da poboación era menor). Este é un dato importante, xa que convén que a lonxitude do colchón sexa entre dez e vinte centímetros maior cá do usuario.

Tamaño correcto. Tras medi-la altura, lonxitude e anchura en tres puntos distintos de cada colchón, comprobouse que as oito mostras cumpren co tamaño que indica a súa etiqueta.

Tamén se mediron os colchóns tralas probas, e demostraron cumpriren a norma ó non mostraren variacións superiores ás permitidas.

Para verificar se o recheo do colchón estaba ben distribuído, colocouse o colchón en posición horizontal sobre unha superficie ríxida e desprazouse catro veces sobre el un rolo que exercía unha forza vertical de 1,5 quilos.

Este rolo serve para recoller graficamente as deformacións creadas polo recheo do colchón, que non poden ser superiores a 10 mm. Eurocolchón (con variacións superiores ós 12 mm.) foi o único que suspendeu este test, que se realizou dúas veces, unha antes e outra despois do resto de probas.

Para medi-la flexibilidade, dispuxéronse os colchóns durante un día sobre unha superficie horizontal ríxida exposta a unha carga uniformemente repartida de 400 kg/m2. Dúas horas despois de retirar este peso, a altura media en tódolos colchóns non variou máis do 7% que permite a norma.

Unha vez realizados estes ensaios comprobouse que non se danaran os compoñentes internos, e para iso abríronse tódolos colchóns. En ningún deles se apreciou desprazamento dos materiais de recheo ou ruptura dos elementos metálicos internos.

Costuras resistentes

  A resistencia das costuras mediuse con dúas mostras da zona da platabanda de cada colchón, que se someteron a tracción ata a súa rotura a unha velocidade de 100 mm. por minuto. Comodón e Relax romperon antes de alcanza-los 130 Newtons que deben aturar.

No tocante á capacidade de ignición, puxéronse en contacto a zona acolchada e a cinta de peche durante quince segundos cunha chama de gas de 35 mm. En tódolos casos se prendeu a zona acolchada, pero só ardeu a zona de peche de Star, Dormilón e Relax. Esta proba, sen embargo, non é abonda para xulga-la capacidade de ignición do conxunto do colchón.

A firmeza dun colchón (ou resistencia que ofrece contra a carga producida polo corpo humano) é un dos aspectos máis valorados polos consumidores, se ben non se pode asegurar cientificamente que un colchón máis firme sexa mellor, polo que este baremo non se tivo en conta na valoración final. Para medi-la súa firmeza, situouse cada colchón sobre unha superficie horizontal ríxida e colocouse no centro un peso macizo de 50 quilogramos e mediuse así a altura inicial do colchón e a altura con carga. Canto menor sexa a diferencia de alturas, máis firme será o colchón. Eurocolchón e Comodón foron os máis duros mentres que Flex e Relax demostraron seren os máis brandos.

Características físicas.

A independencia de leitos permite que os movementos dun membro da parella non inflúan na comodidade do outro. Dormilón, Comodón e Flex foron os únicos colchóns que non incorporan esta prestación.

Os colchóns poden presentar distintos tipos de reforzos: lumbar (Eurocolchón, Pikolín e Laxy) para un correcto aliñamento do lombo, perimetral (Dormilón e Laxy), que incrementa a firmeza nos bordos e evita a súa deformación, por exemplo, ó sentarnos na cama para calzarnos; de platabanda (Star e Comodón), que ten como función fortalece-los laterais do colchón ou nas esquinas (só Relax carece del), e que protexe o producto e o usuario.

Outro elemento importante son as válvulas de aireación, que facilitan a ventilación dos compoñentes internos e, nalgúns casos, evitan a entrada de lixo. Os colchóns analizados lucían dous tipos de válvulas: plásticas con protección (mellor valoradas) e outras que consistían só nun orificio metálico aberto.

Tódalas mostras ofrecían válvulas de aireación aínda que en cantidades dispares. Eurocolchón (504 válvulas), Comodón (364 válvulas) e Pikolín (224 válvulas) incluían as metálicas sen protección, mentres que Dormilón, Flex, Relax e Laxy (4 válvulas) e Star (2 válvulas) incorporaban as plásticas con protección.

Facilidade de transporte

As asas facilitan transportar e mais vira-lo colchón. Star, Dormilón, Flex e Relax contan con este elemento. É significativo que os que ofrecen maior número de válvulas de aireación (Eurocolchón, Comodón e Pikolín) non presenten asas, sacrificando a comodidade a prol dunha maior ventilación.

O tapizado exterior dos colchóns é de dous tecidos: en Laxy, Pikolin, Star, Dormilón, Comodón e Relax o tecido exterior é de piqué e en Eurocolchón e Flex, de damasco. Tódalas garantías entregadas foron correctas, aínda que de distinta duración: Comodón garante o seu producto fronte a calquera defecto de fabricación durante oito anos, mentres que o resto só ofrece garantía total durante un ano, aínda que a aumente para algúns conceptos concretos. No tocante á etiquetaxe, só Pikolín e Relax cumpren a norma, o resto falla nalgún punto.

A necesidade de cada día

Durmir cada noite sobre un bo colchón é básico para descansar adecuadamente. Tendo en conta que unha persoa pasa de media unha terceira parte da súa vida enriba do colchón, é conveniente que este sexa tan firme e cómodo como o usuario desexe (este é un criterio subxectivo, non científico), que resulte durable, resistente e que non se deforme co uso cotián.

¿Cando cómpre cambiar de colchón? A vida dun colchón anda arredor dos doce anos. Isto non é óbice para que o consumidor o cambie antes se detecta que:

  • Unha deformación do colchón fai que ó usuario lle sexa difícil non ir caendo cara ó centro ó longo da noite,
  • Amence a miúdo con dores de costas ou pescozo,
  • Os movementos non especialmente bruscos da parella espertan ou interrompen o seu sono,
  • O colchón renxe ou soa,
  • A tea exterior tórnase pálida e gastada.

En calquera caso, para alonga-la vida do colchón é aconsellable rotalo cada tres meses (viralo de arriba a abaixo, e da cabeza ós pés) xa que, se non, as escumas do acoxinamento tenden a comprimirse e apelmazarse co paso do tempo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto