Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Oito xeles de ducha: O máis caro é o que menos hidrata a pel

Aínda que afirman seren hidratantes, ningún consegue hidrata-la pel logo de 15 minutos de permaneceren nela

Analizáronse oito xeles de baño en envases de 750 mililitros (sete mostras) e 400 mililitros (só unha mostra, Dove), con prezos que varían desde os 2,65 euros por litro de S3 ós 7,75 euros de Dove (máis do dobre ca Heno de Pravia, o segundo máis caro).

 

A función principal dun xel é eliminar da pel a sucidade formada polo po e as células mortas, e mais reduci-lo exceso de aceite e suor. Ademais, debe ter unha viscosidade óptima, formar abondosa escuma de doado aclarado, non irritar nin reseca-la pel e ter un pH próximo a 5,5, o natural da pel humana.

A mellor relación calidade-prezo destes oito xeles é Palmolive (o segundo máis barato), porque logrou a mellor valoración global xunto a S3 (o máis barato) e os mellores resultados nalgunhas probas analíticas. Outra opción interesante é Hidrogenesse. Amais das probas de análise de laboratorio, as oito mostras sometéronse a unha proba de uso por parte de 54 adultos de ámbolos sexos e de idades diversas. Valorouse o aspecto, cor e arrecendo do xel, a escuma que forman, o cheiro e a suavidade da pel tralo lavado, a facilidade de aclarado, así como a sensación de hidratación percibida.

Dove obtivo a mellor valoración global neste ensaio práctico (7,5 puntos nunha escala do 1 ó 9), seguido por Lactovit (7 puntos). S3 foi o peor valorado, cun 5,5 puntos, seguido de Natural Honey con 5,7 puntos. Dove obtivo as mellores cualificacións en aspecto e cheiro, facilidade de aclarado e sensación de hidratación, mentres que S3 foi o que menor sensación de hidratación lles proporcionou ós consumidores. Lactovit (7 puntos) e NB (6,8 puntos), pola súa banda, foron ben valorados por este panel de usuarios.

Hidratación percibida e hidratación real

Sen embargo, os datos de hidratación percibida polos usuarios na proba práctica non coinciden coas análises de laboratorio nas que se mediu a hidratación real: nesta proba S3 revelouse como a mostra máis hidratante, mentres que Dove foi a peor neste aspecto. Para esta medición analítica realizouse un test con seis usuarios nos que se comprobou a hidratación de ámbolos brazos cun corneómetro (instrumento que mide o grao de hidratación nas capas superficiais da pel) antes e despois da aplicación do producto. En calquera caso, a hidratación real só foi significativa cando se deixou actua-lo producto durante unha hora sobre a pel, xa que nos quince primeiros minutos ningún xel demostrou unha capacidade de hidratación por riba do considerado limiar de efectividade (tres puntos). Incluso ó cabo dunha hora, Dove e Johnson's non alcanzaron ese límite. En resumo: nun uso convencional (unha ducha de poucos minutos) estes productos case non hidratan. Estes datos aparentemente contradictorios entre a sensación subxectiva do panel de usuarios e as probas máis científicas do test de laboratorio (tamén realizado en persoas) xustifícanse porque na percepción de hidratación inflúen as substancias suavizantes e lubricantes, que nada teñen que ver coa hidratación real, aínda que os seus efectos poidan equivocarse facilmente.

Elementos principais.

O compoñente fundamental destes xeles é o deterxente, composto por tensioactivos aniónicos e con efecto desengraxante. Estes axentes poden reseca-la pel, e para contrarrestalos utilízanse ingredientes con acción suavizante que reducen este efecto e achegan unha falsa sensación de hidratación (polímeros catiónicos, siliconas e algúns tensioactivos). A adición doutros ingredientes, como opacificantes e axentes nacarantes, espesantes, reguladores de viscosidade, estabilizantes de escuma, vitaminas, conservantes e outros aditivos mellora o aspecto do xel, a súa viscosidade, o pH ou a estabilidade.

Canta máis materia orgánica ofreza un xel, maior será a cantidade de substancias activas. Johnson's foi o mellor valorado neste aspecto (22% de materia orgánica) mentres que S3 (13%) foi o de menos materia orgánica. Johnson's demostrou o maior contido de axentes deterxentes suaves e estabilizadores da escuma.

Os tensioactivos aniónicos (axentes deterxentes propiamente ditos) son máis abondosos en Heno de Pravia (13%). As substancias minerais (os cloruros) que axustan a viscosidade da fórmula están máis presentes en Hidrogenesse (2,4%), mentres que en Lactovit, Johnson's e Dove o seu contido non supera o 0,8%.

pH semellante ó da pel

O pH ideal dun xel debe achegarse ó natural da pel sa (5,5) para non alteralo. Deste xeito prevese a aparición de problemas cutáneos e resgárdase a barreira de protección da pel. Heno de Pravia, Lactovit e Natural Honey sitúanse por riba deste nivel óptimo.

A viscosidade, pola súa banda, non debe ser excesiva (frearía a saída do xel) nin escasa ou demasiado líquida (dificultaría a dosificación do producto). Consideráronse axeitadas as viscosidades comprendidas entre 5.000 e 10.000 centipoises (cps). Tres productos consideráronse non correctos por se atoparen fóra deste rango: Hidrogenesse e Heno de Pravia (por defecto) e Dove (por exceso). Un criterio de calidade doadamente observable é a abundancia de escuma e a facilidade de aclarado. Para medi-lo volume de escuma vertéronse 15 gramos de xel nun litro de auga a 50 ºC. Johnson's foi o que máis escuma formou (486 ml.). No outro extremo, S3 só xerou 421 ml. Para comproba-la estabilidade da escuma mediuse cánto decrecera o volume cinco minutos despois da súa formación. S3 presentou a escuma máis estable e Hidrogenesse a máis volátil.

A hidratación

A sequidade da pel pódese deber a factores alleos ó individuo (calefacción, contaminación, tabaco, aire acondicionado, ambiente seco, exposicións longas ó sol...) ou propios: avellentamento, fatiga, medicación, dieta pouco axeitada e enfermidades.

As distintas capas da pel rexenéranse de xeito natural. Nas franxas máis profundas fórmanse as células que son empuxadas cara á superficie nun proceso que dura catro semanas. Dúas semanas despois, a capa externa múdase e despréndese en forma de escamas ou caspa. Esta capacidade de rexeneración diminúe coa idade, polo que as capas máis profundas (formadas por células vellas e sen auga) engordan e tórnanse duras, facilitando así a aparición de engurras. Aínda que este proceso é inevitable, pódese mitigar ou paliar mantendo a pel o máis hidratada posible. Por iso, convén que o xel de baño non só achegue sensación de hidratación (que se pode crear co uso de suavizantes), senón que realmente hidrate as células máis internas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto