Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Os organizadores foron responsables das feridas causadas polo cartel que caeu sobre o futbolista

 Durante un torneo de fútbol, organizado por unha asociación de veciños nas instalacións deportivas dunha escola, caeu un cartel publicitario causándolle a un xogador lesións das que tardou en sandar sesenta días. O ferido demandou ó colexio, á asociación de veciños e á compañía aseguradora desta e solicitou unha indemnización, que lle foi concedida por importe de 3.552 euros. A asociación de veciños e a escola argumentaron que o derrubamento do cartel se produciu polos abalos propinados ó panel polo propio lesionado cando estaba celebrando un gol. Sen embargo, segundo a Audiencia, a lóxica indica que se o taboleiro se derrubara pola soa acción violenta dunha persoa sería tamén sinal da defectuosa colocación do mesmo ou da deficiente revisión ou mantemento do seu sistema. Ademais, a sentencia da Audiencia de Alacante do 11 de abril do 2001 responsabiliza dos danos non só á escola senón tamén á asociación organizadora, porque segundo a Lei do Deporte a obriga, responsabilidade e sancións son tanto dos propietarios coma dos organizadores. E condénase tamén á aseguradora da asociación de veciños, aínda que a póliza incluía unha cláusula pola que se consideraban riscos excluídos os danos que sufran as persoas que participen voluntariamente nas actividades deportivas, porque estimou a Audiencia que o accidente non podía considerarse como algún dos supostos excluídos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto