Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Se non afectan a elementos comúns, as obras no interior dunha vivenda pódense realizar

Acabo de mercar un piso, é a primeira vez que pertenzo a unha comunidade de veciños e non coñezo os meus dereitos nin os da comunidade. Teño intención de modificar parcialmente a distribución interior, pero os veciños obrigáronme a facer unha reunión para pedir permiso. Na reunión todos se negaron sen daren razóns de peso. As miñas preguntas son: ¿pódenme prohibir cambia-la distribución do piso? ¿é certo que non podo tirar tabiques? ¿non podo elixi-la porta de entrada que me guste?

O artigo 3 da Lei de Propiedade Horizontal establece que o dono de cada piso ou local ten o dominio exclusivo sobre os elementos privativos e unha copropiedade sobre os elementos comúns. Segundo establece no seu artigo 7.1, o propietario pode modifica-los elementos arquitectónicos, instalacións ou servicios propios cando non menoscabe ou altere a seguridade do edificio, a súa estructura xeral, a súa configuración ou o estado exterior, e non prexudique os dereitos doutro copropietario, debendo dar conta de tales obras previamente a quen represente á comunidade. Isto significa que pode cambiar ou modifica-la distribución interior da súa vivenda, pero ten a obriga de comunicarlle -non de pedirlle permiso- a realización das obras ó presidente da comunidade. A sentencia do Tribunal Supremo do 24 de febreiro de 1996 establece que son obras permitidas a todo propietario as que implican modificación dos elementos arquitectónicos sempre que sexan no interior do piso (colocación de tabiques, cambios dos existentes, apertura ou peche de portas) e as referidas a instalacións ou servicios sempre que non prexudique as comúns (electricidade, fontanería, etc.). No tocante ós muros ou paredes, son elementos comúns cando se trata de paredes mestras, de sustentación ou de separación con outra vivenda, e elementos privativos cando, situados no interior do piso, son unicamente elementos divisorios ou de decoración. Os primeiros non poden ser modificados, pero os segundos si.

Por outra banda, no relativo á porta, hai que respectar e non rompe-la liña estética interior ou configuración da escaleira. Neste caso suxerímoslle que lle solicite ó profesional encargado da obra que informe á comunidade de propietarios de que as obras non afectarán á seguridade, á configuración exterior do edificio nin ás outras vivendas. En calquera caso, as cuestións relativas a comunidades de propietarios non se axustan facilmente a xeneralidades, senón que están cheas de matices en función das circunstancias de cada caso concreto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto