Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O axente inmobiliario ten dereito ós seus honorarios, aínda que a venda non se formalice

Estou intentando vende-lo meu piso, polo que me puxen en contacto con varias inmobiliarias da miña cidade. Chámame a atención que nalgunhas me fan asina-la autorización de venda na que inclúen unha cláusula que sinala que a súa comisión a cobrarán no momento en que o comprador entregue o primeiro sinal de compra (sexa cal sexa esta cantidade), sen agardar a escriturar e, polo tanto, sen agardar a que eu cobre a cantidade total do piso. Gustaríame coñece-la súa opinión sobre este respecto.

  Ó recibi-lo encargo de vender unha vivenda, o axente da propiedade inmobiliaria (API) e o dono deben asinar un contrato de mediación polo que o propietario adquire o status de usuario dos servicios do API. Este recibirá uns honorarios que se calculan decote como unha porcentaxe do prezo final de venda. A súa función limítase en principio a pór en relación os futuros compradores co vendedor dun inmoble, co obxecto de logra-la compravenda. A profesionalidade do API esixe que asesore e manteña permanentemente informado ó vendedor das súas xestións e das condicións do mercado. Postos en contacto vendedor e comprador, logo de acordaren a compravenda, asinaren un contrato privado, e unha vez entregado un sinal, pódese da-lo caso de que a operación non se consume, é dicir, non se eleve a escritura pública. Así e todo, o API continúa tendo dereito ós seus honorarios, salvo se o acordo se rompe por unha mala xestión do API. Por exemplo, imaxinemos que o comprador desiste de escritura-la compravenda porque a información sobre as condicións xurídicas ou rexistrais da vivenda non se corresponden coa información proporcionada pola inmobiliaria. Neste caso, o vendedor podería reclamarlle ó axente da propiedade inmobiliaria a devolución da comisión aboada acudindo, se fose preciso, ante os tribunais.

Polo tanto, é lícita a cláusula sobre a comisión do API na que o vendedor se compromete a aboarlle a comisión á inmobiliaria no momento en que comprador e vendedor asinen o contrato privado de compravenda, e entregado o sinal de compra.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto