Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A Lei obriga os usuarios a realizaren revisións periódicas das instalacións de gas cada catro ou cinco anos, dependendo do tipo de gas.
A seguridade das instalacións de gas depende de varios factores, como unha correcta utilización e un óptimo mantemento das mesmas e un estricto cumprimento das periódicas revisións. Así pois, o usuario é, en boa medida, protagonista na prevención de accidentes domésticos relacionados co gas e del depende evitar moitos destes sinistros.
Cada usuario, pola súa conta, debe realizar unha inspección da súa instalación interior cada 4 anos . Neste caso, é vostede quen corre cos gastos. As empresas instaladoras, polo xeral, ofrecen este servicio. Ademais, cada usuario debe manter en perfecto estado a instalación individual da súa vivenda, desde o contador ata os aparellos.
Lembre que vostede mesmo pode cambia-los tubos flexibles ou as gomas. O seu prezo nas tendas anda arredor dos 1,80 euros. Saiba tamén que os reguladores non teñen data de caducidade. Acceda ó seu cambio só se presentan algún defecto.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI