Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Recupera-las plantas logo do verán: Auga, limpeza de raíces e moito agarimo

Logo dun período de desgaste debido á calor, hai que aproveitar para que as plantas adquiran forzas para facerlle fronte ó inverno

O outono, tránsito da calor e a sequidade do verán ó frío e á humidade do inverno, é unha das épocas do ano en que o afeccionado ás plantas ten máis traballo. Van ser semanas nas que flores e plantas precisan dunha correcta preparación para se enfrontaren a tantos cambios e para saíren indemnes do empeño. Entre as principais operacións destacan a poda e a bota da semente de tempada, e, moi especialmente, traballar pola recuperación das especies que máis sufriron na estación seca. A razón principal da morte das plantas é a deterioración das súas raíces, por falta ou por exceso de auga e, en ámbolos casos, os días máis críticos coinciden cos equinoccios. No de setembro únese ó epílogo do verán o regreso das vacacións, e esta volta ofrece moitas veces a comprobación dunha triste realidade: ás macetas non lles sentou tan ben o descanso coma ós seus coidadores.

Rega e poda

Aínda que a xardinería avanzou considerablemente e a tecnoloxía tamén se puxo ó servicio das plantas ordenando a rega e coa posibilidade de programa-lo goteo de auga, non é estraño atopármonos á volta das vacacións con que algunha das nosas plantas presenta un aspecto deteriorado. Follas amarelas e secas, troncos pelados ou sen follas, terras secas e agretadas, denotan que hai partes mortas que obrigan a operar cunhas tesoiras de poda, con moito coidado e atendendo só ás partes que sufriron. Se a planta presenta claros síntomas de sequidade, algo que se percibe coa sinxela manobra de introducir un dedo na terra -non deixándose enganar polos centímetros máis externos que son os máis resentidos- cómpre regala en abundancia, evitando enchoupala, sendo xenerosos na rega, pero máis en períodos sucesivos ca dunha soa vez. Aínda que pode parecer contradictorio, tamén os sistemas de rega provocan o prexuízo contrario: o exceso de auga. Neste caso procédese a engadir turba seca, pero lembremos que non se debe volver regar ata que a terra estea ben seca.

Atende-las raíces danadas

O frío ou a calor quítanlles enerxía ás plantas e é probable que logo do verán a raíz se atope moi resentida e sexa necesario transplantar. Non se debe esquecer que nesta operación as raíces deben estar húmidas, e así, se non se pode replanta-lo mesmo día, cumprirá protexelas do sol e do vento cubríndoas con turba ou plásticos húmidos. Unha vez que a planta ocupe o seu espacio, ó remata-lo transplante débense empapa-las raíces e a partir de aí, regarse coidadosamente para evitar que sequen e morran as raíces. Nos sucesivos días cómpre extrema-lo mimo, pero nunca excederse na rega pois a auga sobrante pode sufoca-las raíces, que acaban podrecendo.

A temperatura é aínda agradable

Setembro é un mes no que continúa facendo boa temperatura, por iso os xardíns se amosan en todo o seu esplendor. Así e todo, as noites son máis frescas e o día alborexa con xeada. Isto inflúe positivamente nas flores e plantas, xa que logo dun período de desgaste orixinado pola calor, adquiren forzas e frescura para facerlle fronte ó inverno. Teñamos en conta as características de cada especie para, en cada caso, favorecer ou non un estado de actividade ou repouso durante estes días. Para crear un ou outro estado abonda con regar (ou non) con máis afán e fertilizar (ou non) abondosamente. E unha poda das flores murchas fará posible que agromen outras novas.

Setembro: atende-lo xardín e as xardineiras

Ó longo deste mes hai que procurar mante-lo xardín limpo e prepara-las plantas para atura-lo inverno. O traballo céntrase en:

  • Sementa-las plantas anuais.
  • Prepara-lo terreo para as plantacións invernais.
  • Planta-los bulbos de floración precoz.
  • Aclarar e fertiliza-las plantas tapizantes.
  • Cortar e dividi-las herbáceas perennes.
  • Practicar bacelos.
  • Descargar e fertiliza-los xeranios.
  • Poda-las sebes.
  • Podar e coida-las rosas.
  • Cortar, airear e planta-lo céspede.

As plantas agárranse á vida e, por iso, aínda que o aspecto e os síntomas nos anuncien que o descoido estival as sumiu nunha depresión, as enfermidades normalmente teñen cura. Se o que precisan é auga, limpeza ou terra nova, ofrecerémoslles estes coidados, pero pode que as alteracións sexan máis estructurais e que a súa deterioración proveña da acción de axentes productores de enfermidades, como fungos, bacterias ou virus.

  • Os fungos maniféstanse de moitos xeitos, a través dos cales podemos detecta-la súa presencia sobre a planta enferma: os mofos, puntuacións negras ou o fungo son claros signos de que están actuando. Signos da presencia de fungos:
    Podrecemento dos agromos. É común detectala sobre flores e pedúnculos de roseira e cyclame afectados. Trátase de órganos xa mortos que permanecen na planta secos, momificados, durante longo tempo.
    Puntuacións negras. O normal é atopalas sobre o colo dalgunhas plantas, como os caraveis e os caraveis da China. Trátase dun mofo branco ou branco-rosado que denuncia a posible presencia de fungos que orixinan os murchamentos.
    Oídio: Trátase dun feltro abrancazado que se observa sobre a cara superior das follas das plantas afectadas (roseira, evónimo, begonia, caléndula, dalia e zinnia) e que se desprende doadamente ó riscalo cos dedos, deixando por baixo unha mancha amarelada clorótica. Impide a fotosíntese e a absorción de nutrientes.
    Fungo: Caracterízase pola presencia de pequenas erupcións no envés das follas de diversas cores (amarela, alaranxada, parda avermellada, etc.). Afectan á roseira, crisantemo, caravel e gladíolo, entre outras especies.
    Fumaxina: Aparece nas follas a xeito dunha costra escura semellante ó charrizo, que está constituída por estructuras de fungos que se nutren de secrecións azucradas producidas por cochinillas e pulgóns. As plantas vense prexudicadas, pois esta costra impide a fotosíntese e a transpiración normal, orixinando síntomas de clorose e necrose embaixo da costra. Esta enfermidade pode aparecer en calquera planta atacada por estes insectos, sendo frecuente observala sobre cítricos, xasmín do cabo, loureiro, hedra.
  • As bacterias evidéncianse a través de exsudados denominados zoogleas.
  • Os virus só son visibles coa utilización dun microscopio electrónico, debido a isto considérase que non presentan síntomas. Sexa cal sexa a causa, o único xeito de facerlle fronte á enfermidade é acudir a productos químicos que se enfronten ó axente patóxeno.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto