Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Actitudes positivas: Todo depende de cómo se vexan as cousas

A tendencia a ve-lo lado negativo das cousas e a tendencia a ver preferentemente o lado positivo son actitudes que non só inflúen nos nosos estados de ánimo senón que acaban afectando ós resultados do que facemos. É xa un tópico describi-los optimistas como pesimistas mal informados, ou como inxenuos que non captan tódolos aspectos da realidade, ou como ilusos que antes ou despois se renderán á evidencia de que a vida é un cúmulo de problemas tan frecuentes coma de difícil solución. Pero ser optimista non equivale a ser frívolo ou inconsciente. Optimista é quen percibe o bo de cada circunstancia e quen a partir desa percepción é capaz de optimiza-las posibilidades que cada situación suscita. Unha das verdades máis profundas da psicoloxía humana reflíctea o vello proverbio de que "nada é verdade nin mentira, todo é segundo a cor do cristal co que se mira". Unha mesma situación percibida por dúas persoas pode adquirir unha dimensión moi diferente. Non se pode afirmar categoricamente "isto é así", é máis adecuada a perspectiva "eu isto percíboo así", porque a maneira da que aprendemos a interpreta-la realidade vai condiciona-lo noso estado de ánimo e este o enfoque que lle daremos á nosa vida.

En realidade, existen case tantos puntos de vista coma persoas, en tanto que cada un de nós somos diferente dos demais. Pero nunha clasificación moi sinxela e quizais un pouco reduccionista podemos distinguir entre optimistas e pesimistas. As persoas pesimistas interpretan a realidade desde o seu lado máis negativo, e as optimistas perciben o mellor de cada situación, o que non quere dicir que ignoren o malo. O pesimista non só ten o sufrimento garantido, senón que coa súa actitude dificilmente vai achegar solucións constructivas ós problemas. Pola contra, os optimistas tenden a vivir máis felices e superan con máis facilidade as complicacións.

Dous tipos de actitudes

  As actitudes de clausura mantéñenas os que perciben as dificultades como ameazas, os que lles pechan a porta ás solucións, os que se enclaustran no dramático e ven, sobre todo, a dificultade. Pola contra, as actitudes de apertura son propias de quen vive as dificultades como problemas que cómpre resolver, buscando a saída máis eficaz posible. Cando se atopa nun apuro, non perde moito tempo en se laiar e dedícase a atopa-las saídas ó problema.

Hai que elixir

Simplificando, trátase de optar, de decidir qué tipo de pensamentos e actitudes nos resultan máis convenientes. A vida cotiá empéñase en proporcionarnos a miúdo situacións difíciles de sobrelevar e de superar. Isto non o dubida ninguén. Pero o pensamento positivo axúdanos a xestionalas, porque é constructivo e enfoca as relacións humanas dunha maneira máis equilibrada, xa que se basea na convicción de que todo pode ir mellor se nós pomos da nosa parte unha actitude positiva. Ser pesimista amarga o carácter e enturba as nosas relacións. Ademais, esta actitude agacha decote a falta de confianza nun mesmo e nos demais. "Que máis quixera eu que ser optimista, pero a vida fíxome ser realista". Esta afirmación case sempre oculta unha renuncia ó cambio, que se basea en que as persoas son como son e en que é inútil esforzarse por cambia-lo carácter e a actitude da xente. Nada máis falso. Hai que recoñecer que todos temos un compoñente xenético difícil de modificar, pero a personalidade componse tamén de conductas aprendidas e sobre estas si se pode actuar. Niso consiste o proceso de mellora da personalidade que, aínda que no básico se constrúe nos primeiros anos de vida, se pode cambiar. Por moito que creamos ser dun xeito determinado, se lles botamos unha ollada ós nosos cinco ou dez últimos anos de vida contemplaremos como evolucionaron as nosas actitudes ante os diversos acontecementos ocorridos. E se a vida nos cambia, normalmente, a máis serios e circunspectos, ¿por que non podemos modificar voluntariamente a nosa maneira de ve-las cousas, para poder vivir máis positivamente?

Falar cun mesmo

Víktor E. Frankl, un psiquiatra, conta en "O home en busca de sentido" as peripecias dun colectivo de xudeus prisioneiros en campos de exterminio nazi, liderados polo propio Frankl, que cada día buscaban (e atopaban) motivos para seguiren vivos e mante-la esperanza. Frankl continuou investigando sobre as actitudes positivas como medio de supervivencia e acuñou o termo logoterapia, un método terapéutico que utiliza como elemento de curación a capacidade que todo individuo ten para pensar, falar e falarse a si mesmo, en positivo. A clave é restrinxi-los pensamentos negativos e fomenta-la fe en nós mesmos, buscando en cada momento a resposta máis conveniente ós nosos problemas. Non se trata de nega-las dificultades, senón de transmitirnos consignas que nos axuden a superalas. ¿Quen non viu ós tenistas falarse a si mesmos en pleno partido, animándose, corrixíndose, estimulándose? Adestráronse psicoloxicamente para iso, para superaren eses momentos de fraqueza ou desalento dándose ánimos a si mesmos, apelando á súa forza interior, a esa actitude positiva e optimista.

Ser optimista equivale a vivir mellor

Busca-lo lado positivo das cousas axúdanos a sentirnos mellor, fai xurdir sentimentos de benestar e proporciona forza e enerxía para afrontármo-las situacións difíciles. Fixarse nas cousas boas da vida é unha actitude, que pode cultivarse e traballarse.

Vexamos algunhas pautas:

  • Cando percibimos algo como exclusivamente negativo, dubidemos dese pensamento. Ten que haber algún xeito de atoparlle algo positivo á situación ou, cando menos, a relativiza-la súa gravidade.
  • Cando nos vexamos atrapados nun camiño sen saída, non reaccionemos inmediatamente. Deteñámonos, reflexionemos e busquemos alternativas.
  • Fagamos a miúdo inventario de todo o bo que temos, que é moito. Lembremos cántas persoas están peor ca nós.
  • Escoitemos a quen nos quere e nos valora tal e como somos.
  • Utilicemos pensamentos constructivos: "quero", "podo", "son capaz". Lembremos situacións ás que respondemos positivamente.
  • Non aceptemos pensamentos como "ós meus anos non podo cambiar".
  • Admitámo-los nosos erros. Só quen se trabuca está vivo de verdade. Os que nunca erran, cometen a maior das equivocacións porque non asumen riscos: consciente ou inconscientemente, rendéronse, dixeron "plántome".
  • As dificultades son oportunidades que nos dá a vida para fortalecernos. Desas batallas podemos saír reforzados e cunha maior autoestima.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto