Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estudios artísticos: Músicos, bailaríns e actores tamén son titulados superiores

A LOXSE introduciu a normalidade nestes estudios, e xa se pode seguir un camiño académico recoñecido para dedicarse a estas disciplinas artísticas

 Ata hai ben pouco, quen optaba por se dedicar profesionalmente á música, á danza ou ó teatro xogaba con desvantaxe. Deixando a unha banda os prexuízos que aínda arrodean ás persoas que fan do teatro, a danza ou a música o seu xeito de vida, os cursos artísticos non estaban totalmente regulados e estudiar unha carreira dalgunha das tres disciplinas artísticas devanditas resultaba complicado -algo menos no caso da música- e non sempre se acadaba un título que acreditase e moito menos equiparase estas carreiras coas universitarias. Pero a LOXSE introduciu a normalidade nestes estudios e hoxe en día calquera mozo pode seguir un camiño académico recoñecido e con titulación universitaria para se converter nun profesional da música, a danza ou o teatro. A principal diferencia con calquera outra profesión é que, sobre todo no caso da danza e a música, os estudios deben comezar a idades moi novas. No caso da arte dramática, as escolas superiores son parellas ás facultades e o seu ingreso é semellante.

Estudios de música

130.000 nenos, adolescentes e mozos de entre 8 e 23 anos seguen actualmente algún curso de música, e aínda que non todos eles se dedicarán a profesións relacionadas co ámbito musical, a maior parte dos estudiantes, sobre todo a partir dos 12 anos, están matriculados nalgún dos 1.400 centros oficiais como Conservatorios de Música ou Centros Autorizados de Música de España.

A partir dos oito anos, e logo de superaren unha proba, os nenos pódense matricular en centros oficiais ou autorizados. Nesta selección non se avalían os seus coñecementos, senón a súa capacidade musical e aptitudes. Non obstante, esta entrada no ensino regulado non é incompatible co ensino previo en idades anteriores. Segundo expertos da Consellería de Cultura da Generalitat Valenciana, e na opinión tamén dos pedagogos consultados por CONSUMER, é beneficioso que os nenos tomen o primeiro contacto coa música ós 3 ou 4 anos de idade. Durante estes anos os contidos das súas materias tratan de achega-los nenos ó ritmo, a musicalidade e os tons, sen que aparezan en ningún momento o solfexo nin a disciplina académica. Estas escolas de música pódense atopar en practicamente tódalas cidades de máis de 50.000 habitantes e os seus prezos de matrícula oscilan entre 120 euros e 240 euros ó mes, en escolas con apoios pedagóxico e instrumental.

O paso do Grao Elemental ó Grao Medio realízase tras catro anos de estudio e a través dunha proba de acceso. A este exame pódense presentar tamén alumnos que non cursaran os estudios en centros oficiais, para se incorporaren deste xeito ó conservatorio e mesmo accederen a cursos intermedios e non necesariamente a primeiro do Grao Medio. Este segundo grao componse de seis cursos e ó rematar, se tamén se deu aprobado o Bacharelato, obtense o título de Bacharelato en Música. Tanto o Grao Elemental coma o Medio son estudios que se complementan co ensino obrigatorio polo que os centros que ofrecen estes cursos dispoñen de horarios adaptados ó ensino obrigatorio.

O Grao Superior está dirixido a mozos que deciden facer da música a súa profesión e que supoñen arredor do 4% dos que comezan os seus estudios nesta disciplina artística. As áreas musicais estudiadas son Composición, Interpretación (incluíndo Dirección de orquestra e Canto), Investigación e Docencia. A duración do Grao Superior oscila entre catro e cinco anos, en función da especialidade escollida. Amais de aproba-la proba de ingreso, para acceder a este grao é preciso dispor do título de Bacharelato e do título de Grao Medio en ensinanzas musicais. Non obstante, a lei tamén permite o acceso ó Grao superior se se supera unha proba na que os mozos se examinan de coñecementos xerais e de coñecementos musicais que acrediten o seu nivel educativo en música.

Os prezos dos Conservatorios varían por comunidades autónomas. En xeral, para o Grao Elemental o prezo de matrícula oscila entre 70 euros e 80 euros por curso. Como exemplo, no Conservatorio Profesional Amaniel de Madrid primeiro e segundo custan 70 euros, e terceiro e cuarto (cunha materia máis) supoñen un desembolso anual de 105 euros, prezo semellante ó Conservatorio Elemental de Música de Soria "Oreste Camarca". No Conservatorio Julián Orbón de Avilés (Asturias), cada alumno paga 26 euros en concepto de matrícula, ós que debe engadir outros 26 euros mensuais por unha materia (violín, contrabaixo, piano...) e 43 euros se son dúas. E no Conservatorio Superior de Música Juan Crisóstomo de Arriaga de Bilbao, o Grao Elemental -que consta de catro cursos- custa arredor de 266 euros.

O custo da proba de acceso ó Grao Medio tamén difire dun centro a outro, aínda que xeralmente non supera os 50 euros, mentres que o prezo da matrícula en Grao Medio é moi semellante nos conservatorios consultados por CONSUMER. Para os estudios con menos materias (coma os de Piano), o curso custa unha media de 128 euros, mentres que outros instrumentos (con máis materias) poden chegar a ter un custo anual de 171 euros. Por citarmos un exemplo, no Conservatorio de Almería, estudiar primeiro ou segundo curso de piano ou guitarra supón un desembolso de entre 121 euros e 236 euros, segundo o curso. No mesmo centro, optar por outro tipo de instrumentos é algo máis caro, entre 160 euros e 275 euros.

Como referencia para os estudios superiores en música tomámo-lo Real Conservatorio de Música de Madrid. Para acceder a este centro cómpre superar unha proba que custa 36 euros e desembolsar 48 euros por materia. Estúdianse entre 6 e 9 materias por curso, polo que o prezo final da matrícula anual varía entre 288 euros e 432 euros.

A estes prezos habería que sumárlle-la cantidade, nunca desprezable, da compra dun instrumento, imprescindible "ferramenta de traballo" dos estudiantes. Se o neno se decantou polo clarinete, poderemos pasar cunha compra duns 1.100 euros. Pero se finalmente quere continua-los seus estudios e hai que adquirir un instrumento de moita maior calidade, o desembolso pode chegar ós 3.000 euros, que se incrementa con instrumentos como o piano, o baixo ou os grandes instrumentos de corda.

GRAOS DURACIÓN REQUISITOS INGRESO ACREDITACIÓN OBTIDA
Elemental 4 anos
  • Ter como mínimo 8 anos
  • Superar unha proba de aptitudes
Certificado de estudios
Medio

6 anos

(Tres ciclos de dous anos cada un)

Superar unha proba de coñecementos
  • Título Profesional
  • Bacharelato de Música, se ademais se superan as materias comúns de Bacharelato
Superior 4 ou 5 anos, segundo especialidade
  • Bacharelato LOXSE
  • Título Profesional
  • Superar unha proba de coñecementos

A lei permite acceder sen cumpri-los requisitos académicos, superando unha proba

Título Superior

(Equivalente, a tódolos efectos, a Licenciado Universitario, segundo o artigo 42.3 da LOXSE)

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto