Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O consumidor non ten que pagar por ningún concepto se o artigo avariado está en garantía

Hai uns días avarióuseme a impresora. Como estaba dentro do período de garantía leveina ó comercio onde a mercara e dixéronme que me puxese en contacto co servicio técnico da marca. Respondinlles que ese era labor seu, entre outras cousas porque onde vivo non existe este servicio. Cómpre desprazarse uns 50 quilómetros. A contestación foi rotunda: "Non é responsabilidade nosa". ¿Teñen razón?

  A Lei Xeral para a Defensa do Consumidor e Usuario no seu artigo 11.3 recoñece o dereito do consumidor a que as reparacións de defectos orixinarios e das perdas e danos ocasionados por eles lle resulten totalmente gratuítas. Ademais, cando a reparación non é satisfactoria e o obxecto non reviste as condicións óptimas para cumpri-lo seu uso, o consumidor ten dereito á substitución do obxecto adquirido por outro de idénticas características, ou á devolución do pagado. A gratuidade da garantía significa que non haxa que aboar importe ningún por ningún concepto, tampouco por traslados e desprazamentos. No tocante sobre a quén lle corresponde facerse cargo da avaría, se á tenda ou ó fabricante, a Lei establece unha responsabilidade solidaria do vendedor e o fabricante, cando menos sempre e cando no documento da garantía o consumidor non renuncie expresamente a este beneficio, outorgando o seu asentimento a que o garante o sexa en exclusiva o fabricante. Neste caso convén contactar co servicio técnico oficial e solicitar que pasen polo domicilio a recolle-la impresora (ou tamén se pode pedi-la reparación in situ, se fose posible polo tipo de avaría), tendo en conta que a gratuidade da garantía impón que o consumidor non está obrigado a aboar importe ningún por este concepto. En caso de que quixesen cobrar por este concepto ou por calquera outro, pódese solicitar unha Folla de Reclamacións ou acudir á Oficina de Información ó Consumidor co fin de que os servicios de consumo inicien un expediente sancionador.

Se se prefire pagar para soluciona-lo problema, pode facerse e de seguido reclama-las cantidades indebidamente cobradas a través de arbitraxe de consumo e mesmo perante os tribunais. En calquera caso, antes de inicia-las xestións, é preferible consultar co servicio oficial e intentar chegar a un acordo con eles. Resumindo, a lei establece que o consumidor ten dereito, nos bens de natureza duradeira, a un adecuado servicio técnico, e obriga-lo consumidor a un ou varios desprazamentos de ata cen quilómetros de ida e volta non sería un adecuado servicio técnico.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto