Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As parellas de feito non teñen dereito á pensión de viuvez

Teño 67 anos e hai catro que morreu a miña parella, con quen convivín 15 anos. El estaba casado pero só viviu coa súa esposa dous anos. Aínda así, a pensión de viuvez outorgáronlla a ela. A Seguridade Social desestimou no seu momento a petición que presentei alegando que me correspondía a min, pero oín dicir que podo ter dereito á metade da pensión.

 Segundo a nosa lexislación, a parella de feito non ten dereito á pensión de viuvez, malia a que, como acontece neste caso, a convivencia fose substancialmente máis prolongada cá relación matrimonial anterior. Só hai unha excepción; cómpre cumprir tres requisitos: unha convivencia da parella, a imposibilidade efectiva de contraer matrimonio antes da entrada en vigor da Lei de divorcio (1981) e o finamento da parella con anterioridade a esta lei. O obxectivo pretendido pola lei non era igualar en dereitos para efectos de pensión de viuvez as parellas casadas e as non-casadas, senón igualar exclusivamente as parellas de feito que non puideron contraer matrimonio coa súa nova parella porque con anterioridade á devandita lei de 1981 era imposible disolver legalmente o seu anterior matrimonio. A finalidade, a estes efectos, da Lei da Seguridade Social é a protección xurídica da familia matrimonial polo que, segundo o Tribunal Constitucional, os que elixiron libremente a convivencia de feito, excluíndo a vinculación xurídica, non teñen o mesmo dereito de protección social pública en caso de falecemento da parella cós que constituíron un matrimonio. E os Tribunais consideran que estas diferencias de trato non lesionan a nosa Constitución nin o principio de igualdade nela recollido.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto