Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica
Amais da maleta, pasaporte, guías sobre o lugar ó que se vai viaxar, roupa, cámara de fotos e demais equipaxe, cando o destino das nosas vacacións é un país coa moeda distinta á nosa, debemos decidi-lo modo en que disporemos de fondos durante a viaxe. Hai varias opcións, desde cheques de viaxe e tarxetas de crédito ou débito, ata extracción en caixeiros do país visitado ou diñeiro en metálico que se solicita nunha entidade financeira antes de partir de vacacións. A escasa previsión que nos caracteriza ó planificármo-las nosas vacacións -segundo un estudio europeo sobre hábitos turísticos, sómo-los europeos que menos e máis tarde planifican as vCaixeiros da UEas no estranxeiro. Así e todo, malia a que o euro é a moeda en curso da maioría dos destinos preferidos dos españois -Francia, Portugal, Alemaña, Italia- países cada vez máis afastados gozan do favor dun crecente número de turistas, e para gastar e portar diñeiro neles algunhas maneiras son máis seguras ca outras.
A instauración do Euro como moeda única en 12 dos 15 países da Unión Europea (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Francia, Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal) fai innecesario que teñamos que cambiar de moeda en moitas das nosas saídas, ó tempo que a case paridade co dólar simplificou o cálculo mental das custas lonxe do vello continente. A isto hai que engadir unha nova vantaxe: desde o 1 de xullo os bancos de calquera país da zona euro non cobran comisión ó sacar diñeiro coa tarxeta, sempre e cando a extracción se realice na mesma rede ca na cidade de orixe. E se se acode a outro caixeiro, a comisión debe se-la mesma que se cargaría en España, unha porcentaxe descoñecida ata o de agora, pero que desde este verán debe estar sinalada no extracto. Se non se cumpre esta condición, o consumidor pode reclamar no seu banco ou caixa, que é ó final quen facilita os cartos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI