Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Estudiáronse o equipamento, a relación deste co prezo dos cámpings, e a seguridade das instalacións
O informe estudiou o prezo, a seguridade e a calidade destes cámpings, entendendo por calidade exclusivamente o equipamento e as prestacións que lles ofrece o cámping ós usuarios e omitindo outros aspectos importantes (pero dificilmente homologables e comparables), coma o emprazamento, o valor paisaxístico, a proximidade á costa, o acceso e os transportes...
A principal conclusión é que o 36,5% dos cámpings estudiados non aproba o exame de CONSUMER, que partiu dunha ponderación que lle outorga o 50% da puntuación final ó equipamento do cámping, o 30% á relación calidade-prezo e o 20% ás condicións de seguridade. E só o 21% dos cámpings obtivo unha boa cualificación, mentres que o máis común (42%) foi o aprobado xustiño. E a nota media de tódolos cámpings quedou en só 5,2 puntos sobre 10 posibles. Por zonas, os mellores víronse en Navarra (6 puntos de media) e os peores (cunha media de arredor de 4,4 puntos) en Guipúscoa, Cantabria e Biscaia.
Técnicos de CONSUMER, identificándose como tales, realizáronlles en xuño do 2002 enquisas telefónicas ós responsables dos 99 cámpings estudiados e solicitáronlles datos sobre o equipamento do cámping, as tarifas e as medidas de seguridade das súas instalación. Ademais, visitaron con detemento cada un destes cámpings. Para elabora-lo cuestionario que se cumprimentou en cada visita, contouse coa asesoría de especialistas en normativa relativa a cámpings, e coa colaboración de técnicos en Extinción de Incendios e Prevención. Realizáronse tamén entrevistas a usuarios habituais de cámpings e tivéronse en conta recomendacións da Federación Española de Empresarios de Cámping e Caravaning. Durante a visita, os técnicos comprobaron que os responsables dos cámpings non sempre facilitaron datos veraces na enquisa telefónica.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI