Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Xullo / agosto 2002

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ecoturismo: A convivencia entre os visitantes e os destinos

  Este tipo de turismo concédelles especial importancia a aspectos coma a calidade da paisaxe, a tranquilidade, a sostibilidade, autenticidade ou patrimonio artístico local.

Paisaxes degradadas, contaminación, consumo excesivo de recursos e enerxía, alteración da vida natural, etc. Aínda que non o pareza, estamos falando de turismo, máis concretamente dos problemas que, directa ou indirectamente, desencadeou desde que non hai máis de 50 anos viaxar pasou de se-lo privilexio duns poucos a se converter nun fenómeno de masas. Un turismo de sol e praia, de chiringos e discotecas de verán, de parques temáticos, etc.

Como resposta a este escuro panorama naceu, hai tan só uns vinte anos, un tipo de turismo diferente que ten como principais atractivos a natureza, as culturas tradicionais e un maior ou menor grao de aventura, e como destinos principais os Espacios Naturais Protexidos. É o chamado ecoturismo ou turismo verde, no cal entran en xogo aspectos como calidade da paisaxe, tranquilidade, sostibilidade, autenticidade, busca de tradicións, patrimonio artístico local, etc.

O ano 2002 foi declarado Ano Internacional do Ecoturismo (AIE). Segundo unha enquisa da Organización Mundial do Turismo realizada a 300 tour-operadores de España, Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia, EEUU e Canadá, entre un 2% e un 4% do total de turismo foi ecolóxico no ano 2000. Sen embargo, o volume total foi máis alto, pois a maioría dos ecoturistas non acoden a axencias. En cifras económicas, e centrándonos no noso país, dos 36.000 millóns de euros de beneficios do sector turístico español no ano 2000, 1.300 millóns de euros procederon do ecoturismo, o que supuxo un incremento do 18% con respecto ó ano anterior, mentres que o turismo de sol e praia só medrou un 4%.

Así e todo, é errada a idea xeneralizada de que o ecoturismo supón -sobre todo para os países máis desfavorecidos- unha importante fonte de ingresos. Segundo un informe da Fundación Ford para a UNESCO de novembro do 2001, a repercusión positiva dos proxectos de ecoturismo (albiscar animais ou flora, parques naturais, etc...) limítase a uns cantos empregos pouco cualificados. Este estudio revela tamén que o diñeiro gastado polos turistas ecolóxicos vai parar ás compañías aéreas internacionais, ós hoteis, ás axencias de viaxe e ós bens de consumo importados dos países occidentais e cos que os viaxeiros están máis familiarizados. O Banco Mundial estima que o 55% do gasto turístico realizado en países en vías de desenvolvemento reverte nos países do norte, aínda que existen outros especialistas que cifran esta porcentaxe no 90%.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto