Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Xeado sabor a nata con recubrimento de chocolate: Non son para un consumo frecuente

  Analizáronse cinco xeados de graxa non láctea (a graxa é vexetal) con sabor a nata recubertos de chocolate: Camy Mega Noir, Miko Etiqueta Negra-Nata, Frigo Magnum Frac, Estiu Big Negro e La Jijonenca Gran Bombón Nata. Estes xeados, malia a seren moi nutritivos e dixestibles, teñen unha elevada achega enerxética, unhas 320-330 calorías cada 100 gramos.

O nutriente maioritario (28%-34%) son os hidratos de carbono, principalmente azucres engadidos, xa que só o 5% dos carbohidratos procede da lactosa (azucre sinxelo do leite). As proteínas supoñen só un 3,5% de media, aínda que sexan de alto valor biolóxico porque proceden do leite. Ó tratarse de xeados elaborado con graxas vexetais e cacao, conteñen moita graxa (18%-21,5%), a maior parte dela saturada que, como se sabe, é a menos saudable. Entre os minerais salienta o calcio, cuns 100 mg por cada cen gramos. Outros minerais que se atopan en cantidade salientable son o potasio e o fósforo. O contido vitamínico destes xeados é modesto.

En conclusión, son un alimento de valor nutricional aceptable, mais non deben consumirse con frecuencia debido á súa elevada achega de calorías e graxa, boa parte dela saturada. A composición máis saudable da graxa atopouse en Frigo Magnum Frac, cun 24% de ácidos graxos monoinsaturados e poliinsaturados, os máis saudables. É tamén o de menos graxa total (18,5%), o menos calórico e o de máis proteínas, carbohidratos e cinzas. Por todo iso, o xeado de Frigo ten, sen dúbida, a mellor composición nutricional dos cinco estudiados.

Na cata, todos quedaron ben e o mellor, con 7,5 puntos sobre 9 posibles, foi Camy Mega Noir que é o que contén máis graxas saturadas e o máis caro (sae a 11,58 euros o litro).

A análise microbiolóxica demostrou que tódolos xeados se atopaban en correcto estado hixiénico-sanitario. E, por outra banda, detectáronse irregularidades no etiquetado: dúas mostras non indican a temperatura de conservación (-18 ºC) nin o tempo de conservación no conxelador, unha non menciona os ingredientes da cobertura de chocolate e só dous usan denominacións correctas.

A mellor relación calidade-prezo é Frigo Magnum Frac, un dos máis baratos, por se-lo mellor desde un punto de vista nutritivo, se ben se revelou como un dos menos sabedores. Cun bo resultado na cata, La Jijonenca revélase como a opción máis interesante para o consumo ocasional ou para quen, sen esquece-lo prezo, prima neste producto o organoléptico (sabor, textura...).

Qué teñen e cómo se elaboran

Este tipo de xeados conteñen ingredientes lácteos coma leite desnatado e en po, nata, lactosa e proteínas de leite, e ingredientes non lácteos coma chocolate, azucre, graxa vexetal, xarope de glicosa, emulxentes e estabilizantes, aromas e outras substancias responsables do sabor característico de cada variedade. Segundo as etiquetas, estes xeados elabóranse a base de leite desnatado concentrado ou leite desnatado en po e graxa vexetal. Miko e Camy engádenlle ó leite sólidos lácteos, Estiu e La Jijonenca proteínas lácteas, e Frigo, lactosa e proteínas lácteas. No tocante ós carbohidratos, engaden azucre (sacarosa) e xarope de glicosa. Camy recorre ó ovo. Para proporcionárlle-lo sabor a nata empregan aromas, agás Frigo que emprega nata en po. Isto incide na denominación do producto, en Frigo "Xeado nata..." e no resto "Xeado sabor a nata...".

Todos engaden emulxente para darlle suavidade ó producto, espesantes que aumentan a viscosidade e estabilizantes que absorben a auga libre do xeado conxelado facéndoo resistente ó choque térmico, dándolle corpo sen facelo gomoso e proporcionándolle o seu carácter fundente. Por outra banda, ningún emprega colorantes artificiais ou conservantes. No tocante ó recubrimento de chocolate, Frigo é o único que di empregar chocolate, obtido a partir de cacao, azucres, manteiga e manteiga de cacao. Miko e Camy sinalan como ingrediente "cobertura de chocolate" e La Jijonenca e Estiu "cobertura de chocolate negro". A cobertura de chocolate (co fin de adquirir máis plasticidade) ten máis manteiga de cacao có chocolate propiamente dito, mentres que a cobertura de chocolate negro ten máis cacao cá de chocolate normal.

Na elaboración, primeiro mestúranse os ingredientes e pasteurízanse (tratamento térmico que mellora o estado hixiénico-sanitario do producto para permiti-la súa conservación). Despois, homoxenízase a mestura e déixase madurar (axitación suave a 0ºC-5ºC) e finalmente conxélase. Unha vez arrefriado o producto, moldéase dándolle a forma desexada, envásase e endurécese quedando listo para o seu almacenamento e distribución.

A análise

Frigo é o de máis cuberta (32%) e, polo tanto, menos xeado, mentres que Camy é o de máis xeado e menos recubrimento (28%). Este recubrimento de chocolate é o que proporciona máis calorías, mentres que o xeado, polo seu leite e graxa vexetal, é moi rico en ácidos graxos saturados. Tamén a cafeína e a teobromina (estimulantes procedentes do cacao) están só na cuberta. Os resultados das análises químicas realizadas (proteínas, graxas, hidratos, cinzas, extracto seco, azucres, tipo de graxa, ácidos graxos, teobromina e cafeína) foron moi semellantes. En composición nutricional só destaca Frigo, pola súa maior cantidade de proteínas (4%) e carbohidratos (34%) e a súa menor graxa (18,5%) e valor calórico, 318 calorías cada cen gramos. Máis enerxético é Miko, con 330 calorías. Os azucres destes xeados son na súa maioría engadidos, como a sacarosa, que se atopa nun 12%-14% segundo as mostras. No tocante á lactosa, azucre presente no leite pero que pode ser engadido, atópase nunha proporción do 5%-6%.

As cinco mostras son xeados de graxa vexetal. A graxa láctea pode obterse da nata ou da manteiga. Son productos caros, pero que dotan o xeado de moi boas características organolépticas (sabor, textura...). Frigo é o único que amais de graxa vexetal emprega nata. O resto emprega mesturas de graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, elaboradas para obter unha temperatura de fusión arredor dos 30ºC. As graxas vexetais empregadas son, en Miko, Camy e Estiu, graxa vexetal hidroxenada de coco ou de noz de palma; en Frigo, de noz de palma, mentres que La Jijonenca a emprega de coco. Por outra banda, a graxa do recubrimento é manteiga de cacao mesturada con graxa láctea en Miko, Frigo, Camy e Estiu, e só manteiga de cacao en La Jijonenca.

O cociente entre ácidos graxos insaturados (mono e poliinsaturados) e saturados é un índice nutricional: canto maior sexa este índice, máis saudable será a graxa do xeado. Nos cinco estudiados, este índice é moi baixo, desde 0,12 en Camy ata 0,31 de Frigo. A teobromina e a cafeína atópanse no recubrimento do xeado, por atoparse de maneira natural no cacao. As cantidades de teobromina son elevadas, e varían desde os 3.606 miligramos por litro no recubrimento de Frigo ata os 4.347 miligramos no de Camy. En cafeína, os valores van desde os 371 miligramos por litro no recubrimento de La Jijonenca ata os 653 miligramos no de Camy.

Conclusión: Frigo é o xeado máis equilibrado desde un punto de vista nutricional e o máis saudable, porque é o de maior proporción de proteínas, carbohidratos e cinzas e o de menos calorías, graxa e ácidos graxos saturados. E a súa proporción de teobromina e cafeína é das máis baixas.

Tanto polos ingredientes empregados na elaboración dos xeados (leite, nata, ovos,...) coma por algunhas fases do procesado, este é un producto susceptible desde un punto de vista microbiolóxico, xa que trala conxelación a maioría dos xermes permanecen en estado latente. Unha correcta conservación é esencial porque as oscilacións de temperatura durante o seu almacenamento poden causar desconxelacións parciais e reconxelacións que poderían dana-lo delicado equilibrio da súa textura. A análise comprobou o correcto estado hixiénico sanitario dos cinco xeados.

Mal etiquetados

Cada fabricante denomina o producto dun xeito distinto. A norma indica que a denominación debe menciona-los ingredientes característicos e, no caso de que sexa un aroma, coa mención "sabor a". As denominacións máis correctas corresponderon a Frigo e Camy. Frigo por facer mención á nata e ó chocolate, e Camy, porque amais de incluír ámbolos dous ingredientes, emprega, cando cómpre, a preceptiva lenda "sabor a".

Estiu e La Jijonenca non indican lote nin data de consumo preferente, se ben a norma permite que as porcións individuais de xeados (como é o caso) non indiquen lote nin data de duración. Nas outras tres mostras, comercializadas en paquetes de 3 e 4 unidades, estas indicacións obrigatorias veñen no envase e non aparecen nas porcións individuais.

É obrigatorio incluír tamén as condicións para a conservación do producto. Estiu e La Jijonenca non indican a temperatura (-18ºC), nin o tempo máximo de conservación no conxelador. No tocante á lista de ingredientes, debe indicarse a cantidade dun ingrediente sempre que figure na denominación, se saliente no etiquetado ou sexa esencial no producto. As tres mostras (Frigo, Camy e La Jijonenca) que inclúen na denominación o chocolate ou a cobertura de chocolate cuantifícano na súa etiqueta. Ademais, a norma obriga a menciona-los compoñentes dos ingredientes compostos, como o chocolate e a cobertura de chocolate, cando representen máis do 25% do producto final. La Jijonenca é o único que non menciona os ingredientes da cobertura de chocolate negro, malia a que supón un 30% do producto. Para rematar, bótase de menos a información nutricional, presente unicamente en Camy e Estiu que, aínda que non é obrigatoria, lle interesa ó consumidor.

Na cata, ben

CONSUMER someteu as 5 mostras analizadas a unha cata realizada por un grupo de consumidores habituais deste producto. Realizouse con 30 voluntarios, cunha distribución de idades entre 16 e 25 anos e de sexos dun 70% de mulleres e un 30% de homes. Os parámetros valorados foron cor do recubrimento, cor interior, sabor, facilidade de fundi-lo xeado na boca, sabor residual e para rematar valoración global.

  • Na valoración global, os cinco xeados obtiveron puntuacións elevadas, iguais ou superiores a 6,5 (escala hedónica de 1 a 9). O que máis gustou foi Camy (elixido por máis da metade de consumidores), que obtivo unha puntuación de 7,4 sobre 9 na valoración global, seguido por La Jijonenca (elixido polo 43%) con 7,2 e este seguido por Miko (6,7). Os de menor valoración foron Frigo e Estiu, que obtiveron un 6,5, e Miko foi o que menos gustou (sinalado coma o peor polo 43% dos xuíces).
  • Os catadores non atoparon diferencias na cor do recubrimento, nin na cor interior nin no sabor residual, pero si o fixeron no sabor e na maneira en que o producto se fundía na boca. Así, en sabor e en cómo se funde na boca, Camy obtivo as mellores valoracións con observacións como "a cobertura non se desfai", "recheo cremoso" ou "fúndese moi ben na boca". Frigo foi mal valorado en sabor e en cómo se funde na boca. Para rematar, Camy e Estiu foron criticados pola textura do recubrimento, que rompe facilmente.

Na cata, ben

CONSUMER someteu as 5 mostras analizadas a unha cata realizada por un grupo de consumidores habituais deste producto. Realizouse con 30 voluntarios, cunha distribución de idades entre 16 e 25 anos e de sexos dun 70% de mulleres e un 30% de homes. Os parámetros valorados foron cor do recubrimento, cor interior, sabor, facilidade de fundi-lo xeado na boca, sabor residual e para rematar valoración global.

  • Na valoración global, os cinco xeados obtiveron puntuacións elevadas, iguais ou superiores a 6,5 (escala hedónica de 1 a 9). O que máis gustou foi Camy (elixido por máis da metade de consumidores), que obtivo unha puntuación de 7,4 sobre 9 na valoración global, seguido por La Jijonenca (elixido polo 43%) con 7,2 e este seguido por Miko (6,7). Os de menor valoración foron Frigo e Estiu, que obtiveron un 6,5, e Miko foi o que menos gustou (sinalado coma o peor polo 43% dos xuíces).
  • Os catadores non atoparon diferencias na cor do recubrimento, nin na cor interior nin no sabor residual, pero si o fixeron no sabor e na maneira en que o producto se fundía na boca. Así, en sabor e en cómo se funde na boca, Camy obtivo as mellores valoracións con observacións como "a cobertura non se desfai", "recheo cremoso" ou "fúndese moi ben na boca". Frigo foi mal valorado en sabor e en cómo se funde na boca. Para rematar, Camy e Estiu foron criticados pola textura do recubrimento, que rompe facilmente.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto