Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Xoanetes, deformidades dos ósos, calos, ollos de galo e dores de xeonllos son só algunhas consecuencias de empregar calzado non axeitado.
Transpórtannos dun lugar a outro e aturan o noso peso durante boa parte do día, decote embutidos en calzado con excesivo tacón, formas demasiado estreitas ou puntas afiadas que á longa poden provocar lesións irreparables. E aínda así, o pé é unha das partes do noso corpo á que menos atención lle prestamos, pouco conscientes do papel que xoga na nosa saúde e benestar. A súa función consiste en proporcionarlle un apoio ó noso organismo, pero tamén o empregamos para movernos e deternos, para realizar accións rítmicas, de propulsión e absorción de choques e para mantérmo-lo equilibrio. É, polo tanto, un órgano moi especializado que cómpre coidar e mimar. E un calzado axeitado é o primeiro paso.
Cando nacemos o noso pé está sen configurar e os seus arcos non son perceptibles; soamente cando o neno adoptou a posición ergueita comezan a se facer visibles estes arcos, especialmente o lonxitudinal, consecuencia dos esforzos derivados de atura-lo peso do corpo e de camiñar. Durante os primeiros anos de vida o pé está en pleno proceso de formación e, especialmente ó comezo, é unha estructura moi flexible que non desenvolveu fortaleza abonda, polo que calquera tensión anormal exercida sobre o pé pode carrexar consecuencias negativas. Na nosa urbana sociedade os primeiros pasos danse sobre as superficies duras e firmes do fogar, calzadas de formigón ou beirarrúas pavimentadas, o que pode resultar prexudicial para os pés. A isto contribúe tamén o frecuente uso de calzado non axeitado desde o nacemento.
O pé do adulto pódese definir como unha bóveda sostida por tres arcos, con forma similar á dunha vela triangular inchada polo vento. Aínda que o peso do corpo se distribúe entre a parte dianteira do pé e o talón, en posición vertical a carga principal sopórtaa o talón e equivale a máis da metade do peso do corpo. Así se entende que cando o peso se concentra en medio centímetro cadrado de tacón de agulla, este "pinche" o chan. A medida que elevámo-lo talón mediante o uso de tacóns, a distribución do peso cambia e canto máis alto é o tacón, máis se carga a zona dianteira do pé. Con tacóns próximos ós 10 cm. practicamente case todo o peso do corpo se exerce sobre os dedos do pé.
Ó mercar calzado cómpre lembrar que hai varios tipos morfolóxicos de pé, e que cada un responde de distinta maneira ó calzado.
Distínguense tres tipos:
Queda claro, polo tanto, que a combinación de tacón alto e calzado puntiagudo é unha agresión ós pés e ás extremidades inferiores que pode provocar variadas patoloxías, moi molestas e dolorosas. Algunhas delas son:
Hai un grupo de persoas que son de alto risco se lles aparece algunha lesión deste tipo: os diabéticos con problemas circulatorios, que deben extrema-lo coidado dos pés, e as persoas con arteriosclerose das extremidades inferiores e problemas de rega sanguínea.
Para rematar, cómpre non esquecer que o mellor momento do día para mercar calzado é o serán, xa que logo dunha longa xeira é posible que os nosos pés estean inchados e poderemos mercar calzado que non aperte. E, cómo non, hai que probar ámbolos zapatos. É habitual que un pé sexa máis grande có outro.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI