Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Conseguen unha indemnización non pola perda da maleta, senón porque non llela entregaron

En 1998 un matrimonio viaxou con Iberia a Porto Rico. A parella facturou a equipaxe sen facer unha declaración complementaria do valor dos obxectos contidos nela. Ó chegaren ó seu destino non apareceu a maleta da muller, polo que lla reclamaron á compañía, que recoñeceu a responsabilidade do extravío e ofreceu unha indemnización de 200 dólares USA (daquela, 186,32 euros -31.000 pesetas-), cantidade rexeitada polos prexudicados, que optaron por acudir ós tribunais. Solicitaron 237.201 pesetas, ó que se negou a compañía, alegando que ó tratarse dun voo internacional se debía aplica-la normativa que limita a indemnización a 20 dólares USA por quilogramo, salvo declaración especial de valor. A Audiencia de Palma de Mallorca, na sentencia de novembro do 2000, admitiu a existencia da normativa, pero os prexudicados non lle reclamaron á compañía a súa responsabilidade en transporta-la equipaxe, senón que basearon a súa demanda no atraso neglixente para localiza-la equipaxe e entregala no hotel no que se hospedaban. E é que a Compañía non xustificou o retardo na entrega da maleta no seu destino, e crearon nos prexudicados unha afección psíquica que non lles permitiu gozar plenamente das súas vacacións, sendo a cantidade reclamada por este concepto, equivalente a tres días do total do importe da viaxe, de 199.416 pesetas. Iberia foi condenada a indemniza-la cantidade reclamada.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto