Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un viandante recibiu o impacto duns cristais que se desprenderon da xanela dun edificio público, propiedade da Xunta de Obras do Porto da Coruña, organismo dependente do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. Reclamoulles, por vía civil, ó Ministerio e á Xunta de Obras do Porto unha indemnización de quince millóns de pesetas polas lesións, máis catro millóns de pesetas pola perda de salarios deixados de percibir durante o tempo de baixa laboral, así como polos gastos de atención médica, farmacéutica e desprazamentos. En primeira instancia, a sentencia declarou que a Xunta de Obras do Porto da Coruña debía indemniza-lo cidadán e absolveu ó Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. A Xunta recorreu a sentencia ata chegar ó Supremo, alegando que a reclamación debera facerse por vía administrativa, xa que se trataba dun edificio oficial. Sen embargo, o Alto Tribunal sinalou que a vía civil era tamén correcta. Argumentou que a caída dun cristal dun edificio público é a consecuencia dun funcionamento anormal dun servicio público e a responsabilidade da institución é semellante á dun cabeza de familia respecto dos danos ocasionados pola caída de obxectos do seu domicilio. Confirma a sentencia condenatoria o 20 de xuño do 2000.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI