Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Se o propietario dunha vivenda lle reclama ó inquilino que a abandone porque a precisa, tena que ocupar nun prazo máximo de 3 meses

A miña muller e mais eu viviamos nunha vivenda alugada de renda antiga. A finais do ano 2000 recibimos unha carta notarial na que nos informaban de que os propietarios precisaban o piso para o seu fillo e de que debiamos abandonalo nun prazo dun ano. Fun á notaría e dixéronme que non podía facer nada. O certo é que alugamos outra vivenda e temos medo de que nos aconteza algo semellante coa actual. ¿Poderían volvernos obrigar a abandonar este piso? No tocante á anterior vivenda, teño a certeza de que ninguén vive nela desde que a abandonamos, tanto as persianas coma as fiestras están pechadas e sabemos que cortaron a auga e a electricidade. ¿Pódena alugar novamente, vendela ou tela baleira?

  No tocante á primeira cuestión, o novo contrato de alugueiro terá, conforme á Lei de Arrendamentos Urbanos de 1994, unha duración mínima de cinco anos. Se no contrato figura un prazo inferior, prorrogarase obrigatoriamente por prazos anuais ata chegar ós cinco anos, non sendo que o inquilino lle manifeste ó arrendador a súa vontade de non renovalo. O arrendador tamén poderá denega-la prórroga do contrato, de constar así expresamente no contrato, pero cunha soa condición: a necesidade persoal de ocupa-la vivenda.

En relación á denegación da prórroga do anterior contrato de alugueiro, o apropiado sería oporse daquela a abandona-la vivenda mentres os arrendadores non informasen e acreditasen a causa da necesidade do fillo. Pero, en calquera caso, como os inquilinos abandonaron o piso no prazo dun ano desde o requirimento, a obriga do propietario -do fillo, neste caso- era ocupala no prazo de tres meses. Non sendo así, o inquilino poderá recuperala nos seguintes tres meses, volvendo a ser vixente o contrato primitivo, e, ata transcorridos tres anos, contados desde a data en que o inquilino volve á vivenda, non poderá o arrendador intentar de novo a súa ocupación. Do mesmo xeito, se o arrendador ou o seu fillo ocupan a vivenda, pero antes de que transcorran tres anos lla aluga a un terceiro, o inquilino desaloxado pode insta-la súa recuperación, adquirindo novamente o contrato primitivo. No caso que nos indica o lector, parece que o fillo non ocupou a vivenda; xa que logo, dispón dun prazo de tres meses para recuperala nas mesmas condicións. Para iso, aconsellamos que acuda a un avogado e teña moi en conta a brevidade dos prazos. Ademais, poden reclama-los danos e perdas sufridos, como poderían se-las rendas da súa nova vivenda e os gastos de mudanza.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto