Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A plusvalía debe correr a cargo do vendedor do piso

En 1999 merquei un piso en proxecto de construcción. En xaneiro do 2000 presentáronme o proxecto de compravenda para que o asinase. O contrato incluía quince estipulacións nas que se detallaba o prezo, a data de entrega, etc. Nunha das cláusulas dise: "Tódalas cargas e impostos que se deriven da presente transmisión, como notariais, de rexistro, e mesmo o imposto de plusvalía, serán por conta do comprador". Teño entendido que a plusvalía lle corresponde pagala ó vendedor, pero, claro, en xaneiro tiven que asinar forzosamente. O piso e o garaxe entregaranmo este ano. Quixera preguntarlles se teño a obriga de paga-la plusvalía.

  En principio, é o vendedor o que paga a plusvalía. Así que neste caso suxerimos que lle reclame ó vendedor, por telegrama ou burofax certificado con xustificante de recibimento, a retirada da cláusula relativa á plusvalía nas escrituras. O asunto é, de tódolos xeitos, complexo. O artigo 107 b da Lei de Facendas Locais di que nas transmisións gravosas quen debe paga-la plusvalía (imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana) é o vendedor. Por outra banda, o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria establece que os elementos da obriga tributaria non se poderán alterar por pactos ou convenios entre os particulares e, en todo caso, quen aboa a plusvalía ante a Administración é sempre o vendedor.

Así e todo, é posible facer un pacto entre as partes, para efectos exclusivamente civís. É dicir, as dúas partes pódense pór de acordo e pactar que o vendedor asuma uns gastos da transacción e o comprador outros gastos. Para que eses pactos civís non sexan abusivos para o consumidor, a Lei Xeral de Defensa do Consumidor e Usuario sinala que se considerarán abusivas as cláusulas que lle impoñan ó consumidor os gastos de documentación e tramitación que por Lei imperativa lle correspondan ó profesional. E aínda que a lei non cita expresamente a plusvalía -xa que non é propiamente un gasto derivado da preparación da titulación- nese pacto civil o vendedor non lle pode impor ó comprador que aboe a plusvalía nin outros conceptos que non lle corresponden ó comprador. É dicir, nos pactos civís sempre haberá que negociar. Polo menos, deste xeito se pronunciou a Audiencia Provincial de Palencia na súa sentencia do 21 de xaneiro de 1994 ó declarar abusiva e nula a cláusula que obrigaba ó comprador a paga-la plusvalía.

Unha excepción: en Navarra a plusvalía cóbraselle ó comprador.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto