Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Non se debe pensar que a pel se recuperou das queimaduras do pasado verán: cómpre coidala porque acumula os estragos
Lucir un bronceado atraente é case obrigatorio cando chega o verán e calquera modo de consegui-la devecida cor dourada semella ser válido. Ano tras ano e por estas datas os dermatólogos nos lembran a gravidade dos efectos perniciosos dos raios solares (queimaduras, avellentamento prematuro, melanomas...), pero a moda da boa cor está demasiado arraigada entre nós, polo que se imos toma-lo sol, fagámolo de maneira responsable. Non vale pensar que as queimaduras do pasado ano xa sandaron: a pel ten memoria -acumula os estragos que sufriu- e os problemas poden sobrevir moito tempo despois de deixar de toma-lo sol.
Os protectores solares teñen unha duración aproximada dun ano. Pasado ese tempo pódense tornar ineficaces e provocar reaccións na pel, sobre todo se estiveron na praia ou no coche sometidos a altas temperaturas, xa que os filtros non son estables e se degradan.
Conserve as súas cremas en perfecto estado limpando os envases de restos de producto e area despois de cada uso, e gardándoas nun lugar fresco e seco.
Se ten algunha crema do verán anterior, repare en se mudou de cor, textura ou aroma. Se cre que a súa composición non se viu alterada, pode utilizala sen problema.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI