Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Resultan seguros, consérvanse limpos e en bo estado e ofrecen tódolos servicios dos que un aeroporto debe dispor, pero hai cuestións que cómpre corrixir
| Aeroporto | Comunicación ó aeroporto 1 | Adaptabilidade e organización2 | Comodidade e lecer3 | Servicios do aeroporto4 |
|---|---|---|---|---|
| Alacante (Altet) | Mal | Ben | Moi Mal | Mal |
| Valencia (Manises) | Aceptable | Moi Ben | Mal | Ben |
| Málaga (Pablo Picasso) | Moi Ben | Ben | Excelente | Moi Ben |
| Pamplona (Noain) | Moi Mal | Moi Ben | Mal | Aceptable |
| Madrid (Barajas) | Ben | Ben | Ben | Moi Ben |
| Gran Canaria (Gando) | Mal | Ben | Mal | Ben |
| Barcelona (El Prat) | Aceptable | Moi Ben | Moi Mal | Ben |
| Palma de Mallorca (Son San Juan) | Mal | Moi Ben | Mal | Moi Ben |
| Bilbao (Loiu) | Mal | Aceptable | Moi Mal | Ben |
| Santiago (Lavacolla) | Mal | Ben | Mal | Aceptable |
| San Sebastián (Hondarribia) | Ben | Moi Ben | Excelente | Aceptable |
| Sevilla (San Pablo) | Moi Ben | Moi Ben | Mal | Aceptable |
| Termo medio | Mal | Ben | Mal | Ben |
| Aeroporto | Estado de limpeza e conservación5 | Seguridade do aeroporto6 | Total |
|---|---|---|---|
| Alacante (Altet) | Aceptable | Excelente | Aceptable |
| Valencia (Manises) | Ben | Moi ben | Ben |
| Málaga (Pablo Picasso) | Ben | Moi ben | Moi Ben |
| Pamplona (Noain) | Excelente | Ben | Aceptable |
| Madrid (Barajas) | Excelente | Excelente | Moi Ben |
| Gran Canaria (Gando) | Excelente | Excelente | Ben |
| Barcelona (El Prat) | Aceptable | Mal | Aceptable |
| Palma de Mallorca (Son San Juan) | Aceptable | Ben | Aceptable |
| Bilbao (Loiu) | Excelente | Moi ben | Aceptable |
| Santiago (Lavacolla) | Moi Ben | Moi ben | Ben |
| San Sebastián (Hondarribia) | Aceptable | Ben | Ben |
| Sevilla (San Pablo) | Aceptable | Excelente | Ben |
| Termo medio | Moi Ben | Moi Ben | Ben |
1.- A comunicación do aeroporto: Analizouse o custo do taxi desde o centro da cidade ó aeroporto, a existencia de suficiente sinalización tanto á saída da cidade coma nas proximidades do aeroporto. Estudiouse tamén se o aeroporto está ben comunicado no tocante a transporte público, se coinciden os horarios de aeroporto co primeiro e último voo e a existencia de taxis en número abondo para cubri-las chegadas a cada un dos aeroportos.
2.- Adaptabilidade e organización: Neste bloque estudiouse a adaptabilidade dos aeroportos para persoas minusválidas e invidentes. Analizouse tamén a indicación do horario do aeroporto, a existencia de frechas ou indicadores de dirección, a facilidade de orientación no aeroporto, a existencia de pantallas indicadoras de saídas e chegadas, o correcto funcionamento do sistema de megafonía e os idiomas nos que se ofrece toda a información.
3.- Comodidade e lecer: Estudiouse a existencia de zonas onde poder sentar e que non pertenzan a comercios ou hostalería, o seu número, se están repartidas convenientemente polo aeroporto e a súa comodidade. Ademais, analizouse a existencia dalgún sistema gratuíto para ameniza-la espera.
4.- Servicios do aeroporto: Neste bloque analizáronse os diferentes servicios do aeroporto. Neste sentido comprobouse a existencia de persoal de atención ó público (chaquetas verdes de Aena), a súa amabilidade e a calidade da súa información e a atención ó usuario no tocante a se o acompañan ó lugar requirido. Tamén se estudiou a existencia de consignas e o seu prezo, a existencia de carriños portaequipaxes en lugares estratéxicos e en qué número, e a posibilidade de plasma-las queixas do usuario, a situación deste sistema, se facilitan as follas de reclamacións sen obxección e a atención dispensada, e a existencia da Carta dos Dereitos dos Pasaxeiros da Unión Europea e a súa localización. Ademais observouse a presencia de cambiadores de bebés e a súa localización (aseos de señoras, de cabaleiros, en ámbolos dous, ou en aseos específicos para este mester), o prezo dun café e dun refresco en cafeterías e máquinas expendedoras de habelas, así como unha análise do resto de servicios do aeroporto incluído o aparcamento.
5.- Estado de limpeza e conservación: Estudiouse o estado hixiénico, de conservación, e a iluminación tanto do aeroporto en xeral coma dos aseos; ademais nestes últimos comprobouse o completo equipamento. Estudiouse tamén a presencia de papeleiras, o seu número, o seu estado e se están ou non preparadas para a reciclaxe.
6.- A seguridade do aeroporto: Neste bloque comprobouse a existencia de equipos contra incendios, persoal de seguridade e outro tipo de sistemas (como cámaras de vídeo), a sensación de seguridade do aeroporto, a correcta indicación das saídas de emerxencia, a existencia de indicacións ou instruccións en caso de emerxencia, a presencia dun servicio de asistencia sanitaria, a prohibición de fumar e o seu cumprimento.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI