Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
De orixe anglosaxona, os parques infantís comezáronse a ver en restaurantes de comida rápida dos EEUU e Inglaterra. Ós poucos, a idea foise estendendo a grandes superficies comerciais e almacéns, que buscan o entretemento e diversión dos nenos mentres que os pais realizan compras ou se dedican ó mero goce do tempo libre do que dispoñen.
Estes parques son espacios de grandes dimensións, que teñen como finalidade o entretemento dos nenos. Para iso contan cunha serie de instalacións que ofrecen a posibilidade de realizar unha gran variedade de actividades: tobogáns, piscinas de bólas, espacios para desenvolve-lo xogo simbólico, recunchos de construcción, obradoiros de debuxo, xogos de mesa, e nalgúns casos, soportes informáticos para os máis vellos.
Dirixidos a nenos con idades comprendidas entre 1 e 12 anos, estes centros dispoñen de monitores que teñen como función principal o coidado e organización das actividades lúdicas que presenta o parque. Están abertos tódolos días da semana con horarios de 10'00 a 21'00 horas e cun custo de entre 3 e 4,80 euros a hora.
Algúns organismos, como a Caixa de Aforros de Navarra programaron actividades específicas durante os meses de verán nos parques infantís "Pequeland" e "Txiqui-Park", para os fillos menores de idade dos titulares da tarxeta do Club 10.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI