Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Pódense aproveita-las actividades de verán para que o neno aprenda a convivir, a compartir experiencias e a ser independente.
Os pais de 3 millóns e medio de nenos enfróntanse a partir deste mes á pregunta de tódolos veráns: ¿que facemos cos rapaces? O período de vacacións, que para os máis pequenos significa descanso e diversión, supón para os seus proxenitores unha tensión engadida e bastantes molestias, xa que só poden gozar dun mes de descanso. Suscítase, polo tanto, a complicada tarefa de enche-las horas de lecer dos cativos da casa, podendo ser cunha persoa adulta que supervise as súas actividades. E é que os nenos, ó igual cós adultos, desexan e precisan un período de vacacións estivais que lles permita deixar atrás, durante un tempo, horas de estudio, deberes, ocupacións extraescolares e tódalas obrigas que forman parte da súa vida cotiá ó longo do curso. As posibilidades para que os nenos pasen uns días fóra do medio familiar son moitas e moi variadas. Escolle-la mellor opción dependerá das súas necesidades e afeccións e, sobre todo, da idade. Campamentos, escolas de verán, clases de idiomas e deportivas... tódalas opcións son válidas cando as vacacións escolares e as vacacións dos adultos non coinciden. O que nun comezo se contemplaba como un apoio á educación converteuse nun xeito práctico e divertido de entrete-los máis pequenos, mentres os pais atenden as súas angueiras laborais. Amais de gozaren as vacacións, os nenos aprenden a convivir, a compartir experiencias e a ser independentes. Lonxe de pais e familiares aprenden a ser autosuficientes, xa que teñen que se ocupar de labores que decote non fan, como pór e retira-la mesa, face-la cama ou recoller e ordena-las súas pertenzas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI