Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unhas nenas xogaban á corda no recreo no seu centro escolar, coa mala fortuna de que ó soltar unha delas o extremo da corda, esta bateu no ollo da súa compañeira, de cinco anos de idade. Malia ós coidados prestados polos servicios médicos, a menor perdeu a visión no ollo. Polas lesións causadas, os pais da menor demandaron ós pais da outra nena e ó centro escolar, considerando que a responsabilidade destes era cuasi-obxectiva ou por risco. O Tribunal Supremo, en sentencia do 28 de decembro do 2001, exime de responsabilidade a tódolos demandados, entendendo que os feitos foron un accidente debido a un caso fortuíto e que o centro escolar obrou coa debida dilixencia. Argumenta que para que xurda a responsabilidade dos pais ou da escola polos feitos é preciso que se realice unha actuación ou omisión culposa, o que non aconteceu neste caso, xa que non se apreciaba culpa ningunha na menor que produciu accidentalmente as lesións. Tampouco tiña responsabilidade a escola, xa que o recreo estaba vixiado por unha mestra, que atendeu á menor lesionada desde o primeiro momento, e o accidente produciuse cando practicaban un xogo sen risco.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI