Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Cancelaron o voo durante unha folga

Debido a unha folga de tripulantes técnicos de cabina, un voo Alacante-Barcelona cancelouse á hora de embarque. Polo dano moral e os gastos de desprazamentos inútiles ó aeroporto, os pasaxeiros solicitáronlle extraxudicialmente unha indemnización a Iberia. Ante a negativa da empresa, os usuarios acudiron ós tribunais, reclamando no xuízo verbal 150 euros cada un por dano moral e 12 euros por cada desprazamento que se viron obrigados a realizar. O Xulgado de primeira instancia estimou a demanda, que foi apelada por Iberia, alegando que o voo se cancelou por forza maior (a folga) que exonera de responsabilidade á compañía. Sen embargo, a Audiencia de Alacante decidiu, en sentencia do 25 de xaneiro do 2002, a favor dos usuarios. Segundo a Audiencia, o dereito de folga contempla unha serie de instrumentos, como a súa convocatoria formal, servicios mínimos, etc. O uso razoable de todo iso permitiríalle á compañía aérea coñecer con antelación a necesidade de cancela-lo voo e de avisar ós pasaxeiros. Aínda que non se probe o dano moral, a Audiencia expón que non se pode negar que a frustración dunha viaxe constitúe un dano obxectivo para os usuarios, e as contías reclamadas considéranse moderadas e razoables, polo que se condena a Iberia a indemniza-los usuarios con tales importes.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto