Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Empresa sancionada por intentar recadar datos persoais

En 1999 un consumidor solicitoulle a conexión a Internet (servicio Teleline) a Telefónica, acolléndose á oferta de conexión por un ano máis un modem, e realizou o pagamento en efectivo a contrarreembolso. Cando foi utiliza-lo servicio foille comunicado que para acceder a Internet tiña que cumprimentar obrigatoriamente os datos da súa conta bancaria ou da súa tarxeta Visa. Ante a insistencia da empresa para que proporcionase os datos persoais, o consumidor solicitou a devolución da cantidade pagada, ó que Telefónica accedeu. Aínda así e polo intento de recadar datos persoais para o seu tratamento automatizado de xeito inxustificado, a Axencia de Protección de Datos sancionou a empresa cunha multa de dez millóns de pesetas, conforme ó artigo 44.4 da Lei Orgánica 5/1992 de Regulación do Tratamento de Datos de Carácter Persoal. A sanción foi recorrida ante a Audiencia Nacional, pero o recurso foi desestimado. A Audiencia, en sentencia do 6 de xullo do 2001, considerou que a empresa provedora intentou recadar datos persoais do usuario para o seu tratamento automatizado e que na súa actuación se albisca unha clara e decidida vontade de non presta-lo servicio contratado se non se facilitaban os datos bancarios, que foron solicitados malia a estar xa pagado o prezo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto