Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As reformas só se aboan se o resultado final é o pactado

Renovamos completamente a cociña. A obra non quedou como acordamos coa empresa que realizou a reforma. Só aboamos un tercio da obra, como pagamento e sinal, e negámonos a paga-lo resto ata que non se resolva todo. Despois de innumerables negociacións e longas esperas, a empresa recomendounos que contratemos a outra compañía dedicada a reformas para que amañe os estragos, asegurando que eles nos aboarían as custas da reparación. Pero ningunha empresa asegura dar amañado eses problemas sen estraga-lo mobiliario, exclusivo da empresa á que lle encargámo-la reforma. Alguén nos comentou que nos poden demandar por impagamento. ¿Que cumpriría facer se iso acontece?

  O consumidor está obrigado a pagar unha obra contratada, e a empresa a entrega-la obra nas condicións pactadas. Por iso, o consumidor pode non aceptar paga-lo prezo se a empresa non cumpre coa súa parte ou o fai de modo defectuoso.

Neste caso, a obra executouse defectuosamente e isto lexitima ó consumidor a negarse a aboa-la reforma. Se a empresa demanda ós clientes por impagamento, é preciso acudir a un avogado para que conteste e lle esixa á empresa o cumprimento do contrato, é dicir, que realicen a obra en perfectas condicións conforme ó proxecto concertado.

Para iso, un perito debe realizar un informe sobre o estado defectuoso da obra, os danos e a súa entidade. En principio, ser demandados pola empresa non presenta exclusivamente connotacións negativas, dado que os clientes poderán defende-los seus intereses reclamándolle á súa vez á empresa.

Pero pode ser máis conveniente toma-la iniciativa e acudir primeiro ós tribunais. Previamente, débeselle requirir á empresa por telegrama con xustificante de recibimento que remate a obra contratada, e acorda-la nova data de inicio de obras, respectando o prezo inicialmente pactado, informando de que se non se acada ningún acordo -que debería ser escrito e asinado por ámbalas partes-, se acudirá ó tribunais.

Outra opción podería se-la que se cita na propia consulta: acepta-lo ofrecemento da empresa de aboa-los gastos que ocasionase a reparación dos estragos. Nese caso, cómpre solicitarlle á empresa que subscriba a súa oferta por escrito, conforme ó orzamento dunha segunda empresa. E que se detallen claramente tódolos aspectos -económicos e non económicos- relativos á instalación do mobiliario, a necesidade da súa retirada e nova instalación. Pode ser conveniente que unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor ou un avogado axude ós consumidores nesta fase de negociación. Se non se alcanza un acordo satisfactorio, suxerimos optar pola vía xudicial.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto