Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de adelgazamento: A maioría suspenden o exame

Facilitan pouca información, non sempre atende ó cliente un experto en dietética e nutrición, e o slogan de "dieta personalizada" é a miúdo só un gancho comercial

Dieta personalizada

Algúns centros de adelgazamento basean os seus métodos en dietas estándar ou directamente milagreiras, que nin son personalizadas nin se axustan ás necesidades concretas do paciente. Non tódalas persoas responden de igual xeito a un determinado tratamento. E un paciente pode responder de maneira distinta a un mesmo tratamento realizado en distintos tempos. De aí que esixir un tratamento personalizado e aclarar desde o primeiro momento a importancia da implicación do paciente no seguimento da pauta dietética, sexan piares básicos para perder peso. A tan común promesa de ofrecer unha "dieta personalizada" é, as máis das veces, un gancho para vende-los seus tratamentos e productos.

Unicamente o 40% dos centros de adelgazamento visitados ofrecían unha dieta personalizada, xa que na información que lle proporcionan ó cliente fan referencia a que a dieta se baseará no seu estilo de vida, gustos e preferencias, e explícanlle que, para garanti-lo éxito dos resultados, é fundamental a súa total implicación. E o 14% dos centros basean o tratamento nun ou varios "productos estrela", o que, directamente, os descualifica, porque estes tratamentos nin ensinan hábitos alimentarios correctos nin serven para manter a longo prazo a reducción do peso.

Duración do tratamento

Perder peso cun ritmo superior ós 0,5-1 quilogramos por semana non é recomendable, polo que a duración do tratamento ten que ter en conta este criterio de saúde. Ademais, cada individuo reacciona de maneira distinta ós tratamentos adelgazantes, polo que ofrecer unha data fixa tórnase difícil, sen esquecer que sempre se deben contemplar visitas periódicas que permitan realizar un seguimento do tratamento, incluso unha vez rematado. Non se axustaban a este criterio só o 40% dos centros comparados. Neles, a duración estimada do tratamento considerouse desacertada, xa que os obxectivos non eran realistas nin saudables: propuñan perdas de peso demasiado aceleradas. Nun centro fixaron un ritmo de perda claramente excesivo: entre 5 e 7 quilogramos ó mes.

Natureza do tratamento

Este baremo refírese ós métodos en que se basean os centros de adelgazamento nas súas propostas para a perda de peso. Algúns basean o seu tratamento unicamente en productos que venden ós seus clientes, ás veces co cualificativo de "adelgazantes", o que é ilegal e incerto. É o caso do 14% dos centros estudiados. En calquera tratamento de adelgazamento, a dieta é un piar fundamental, xa que o 90% dos casos de exceso de peso se deben a unha inxestión excesiva de alimentos moi calóricos e ó sedentarismo. Polo tanto, estes productos "milagre" como tratamento único do exceso de peso nin serven para adelgazar nin para mante-lo peso perdido.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto