Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de adelgazamento: A maioría suspenden o exame

Facilitan pouca información, non sempre atende ó cliente un experto en dietética e nutrición, e o slogan de "dieta personalizada" é a miúdo só un gancho comercial

Conclusións, moi elocuentes, tras unha primeira visita

  O 68% dos centros de adelgazamento estudiados non aproban. O 14% mesmo mereceu un "moi mal" por basea-los seus tratamentos en "productos estrela".

O lema "primeira consulta gratuíta" é un engano, un mero gancho comercial. Ningún centro dos visitados realiza un estudio previo gratuíto -algúns fano en seguintes visitas, pagando- para garanti-la adecuación do tratamento ás características persoais do cliente. Limítanse a dar información que a miúdo é incompleta e resulta confusa.

A mensaxe de "dieta personalizada" é enganosa no 60% dos centros. Utilízase para vender mellor os seus tratamentos e productos, xa que ese argumento axuda a convencer ós clientes. Só catro de cada dez centros ofrecían dietas realmente personalizadas.

No 26% destes establecementos comprobouse falta de ética profesional: informan ou suxiren tratamentos que en absoluto se adaptan ás necesidades reais do cliente. Aconsellan adelgazar cando o cliente non o precisa, identificando un problema de obesidade. Un destes centros propúxolle ó cliente un tratamento moi invasivo (gastroplastia, unha cirurxía) sen dispor do historial clínico nin dietético do paciente. Noutro centro, o técnico de CONSUMER (que actuaba como cliente ficticio) foi tentado para traballar como comercial da marca: explicáronlle de maneira exhaustiva (incluso máis polo miúdo có tratamento) os beneficios económicos do emprego, sen se interesaren pola súa titulación ou coñecementos, chegando a sinalar que iso "era o de menos".

No 20% dos centros, comerciais ou "técnicos especialistas" (non especificaron a súa titulación) ou unha esteticista actúan como dietistas ou médicos, suxiren o tratamento e realizan unha "identificación do problema de exceso de peso" sen estaren capacitados para este cometido.

19 dos 36 centros de adelgazamento estudiados pertencen a 8 franquías. E o tratamento que suxiren nos centros de 7 desas franquías difire moito. Polo tanto, non se pode valorar globalmente o funcionamento das franquías.

Para rematar, a duración do tratamento e o ritmo de perda de peso propostos é realista e saudable en soamente o 60% dos centros. É dicir, no 40% suxiren obxectivos dificilmente alcanzables e/ou pouco saudables, xa que a perda de peso se realizaría nun tempo inferior ó recomendable.

Nun centro de Madrid, á pregunta do técnico desta revista (IMC de 24, é dicir, un peso correcto, sen necesidade ningunha de adelgazar) sobre cántos quilos lle propuñan baixar, respondéronlle ó primeiro que uns 20 quilos, e ó veren a súa cara de incredulidade, corrixiron e suxeríronlle adelgazar só 10 quilos.

Información insuficiente

Os nosos técnicos acudiron principalmente a centros de adelgazamento que ofrecían unha primeira consulta gratuíta, pero algúns que non realizan esta primeira consulta gratuíta ofrecéronlles ós nosos técnicos a posibilidade dunha consulta informativa. Ese foi o caso do Centro Dietético Zoroa e Ideal Line, ámbolos dous en Alacante, Ailara en Bilbao e Oikos en Málaga, que foron avaliados tendo en conta a condición meramente informativa da visita. A maior parte dos centros estudiados utilizan a mensaxe de "primeira consulta gratuíta" como gancho comercial, pero comprobouse que esta visita non lle proporciona ó cliente información abonda para decidir se lle convén comezar co tratamento ou se este resultará efectivo no seu caso concreto.

Só o 30% dos centros ofrece unha información aceptable sobre os posibles tratamentos. A información considerouse aceptable cando o tratamento se adapta ás necesidades da persoa (dieta individualizada logo dun estudio completo previo) e cando promete unha perda de peso de 0,5 a 1 quilogramo por semana. O resto de centros visitados ou non facilitan información abonda para que o cliente poida decidir se realiza-lo tratamento ou non e para descubrir se terá o efecto desexado, ou establece obxectivos de perdas de peso superiores ós devanditos 0,5 a 1 quilogramos por semana.

¿Realmente preciso perder peso?

Para acertar co problema de sobrepeso é preciso, como mínimo, un estudio antropométrico da persoa. É dicir, cómpre pesar e medir ó paciente para determina-lo seu IMC e clasifica-lo seu posible grao de sobrepeso. Pero, sen embargo, só o 20% dos centros de adelgazamento visitados realizan este diagnóstico tan preciso. Polo menos, noutro 20% dos centros esta medición facíase na segunda visita, xeralmente de pagamento. No resto, esta necesaria medición non se fai.

Un dos erros máis comúns destes centros é que se identifica o problema do paciente con lixeireza, ben porque non se pesa nin mide ó paciente, ben porque non sempre atende un profesional cualificado e experto en dietética e nutrición: a miúdo esta esencial xestión realízaa un comercial, recepcionista ou outro empregado sen a formación adecuada.

En 11 centros, algo menos da terceira parte dos visitados, comprobouse unha preocupante ausencia de ética profesional, xa que lle aconsellaron adelgazar a quen non o precisaba, e mesmo identificaron un problema de obesidade cando non existía. É o caso do cliente ficticio que acudiu ós centros da zona Norte do noso país e que tiña un índice de masa corporal de 22 (peso adecuado), e tamén o que visitou os establecementos de Madrid, cun IMC de 24, tamén con peso correcto e que non precisa adelgazar.

O custo do tratamento que ofrecían algúns centros para estes clientes que non precisaban perder peso superaba os 1.500 euros, incluíndo terapia dietética de adelgazamento e/ou métodos estéticos locais.

Tamén se anotou algún caso de quen di ser médico e non amosa a súa titulación, e que co seu comportamento e palabras fai dubidar da súa aseveración. Nun centro de adelgazamento da Coruña, a doutora que atendeu ó cliente enviado por CONSUMER recomendoulle someterse a unha gastroplastia (reducción do estómago) sen contar cun historial clínico e dietético de anteriores tratamentos, cando a gastroplastia está indicada só en obesidades do tipo III ou IV -non era o caso da paciente- e cando outro tipo de intervención terapéutica fracasou e o paciente padece patoloxías asociadas. Ademais, o paciente debe ser perfectamente informado das consecuencias a curto e longo prazo da operación, así como das posibles complicacións. A doutora, sen embargo, aseguroulle ó cliente que esa cirurxía a penas entrañaba risco.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto