Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de adelgazamento: A maioría suspenden o exame

Facilitan pouca información, non sempre atende ó cliente un experto en dietética e nutrición, e o slogan de "dieta personalizada" é a miúdo só un gancho comercial

  A operación bikini xa comezou para moitas persoas. Así, centros de estética, herboristerías e semellantes fan o seu agosto cando quedan xa poucas semanas para luci-lo bañador e enfunda-las prendas máis "comprometidas". O negocio dos centros de adelgazamento supón no noso país 1.500 millóns de euros ó ano (datos do 2000).

Anuncios que prometen perda de peso axiña e case sen esforzo, dietas personalizadas para cada cliente e primeiras consultas gratuítas remiten ós destinatarios desta publicidade a centros que, como se comprobou, non sempre dispoñen de persoal cualificado en nutrición. Para esclarecer se os tratamentos que ofrecen estes centros de adelgazamento son efectivos, se o persoal que os atende está adecuadamente cualificado e se se trata de establecementos serios e rigoroso desde o punto de vista médico, técnicos de CONSUMER visitaron (só unha visita, nada máis) en abril 36 centros de adelgazamento que actúan en 12 cidades. A maior parte deles tiñan un denominador común: as súas promesas para perder peso e os tratamentos que propoñen suscitaron a desconfianza dos expertos en dietética e nutrición, ó fixar metas imposibles de conseguir con dietas saudables.

Establecéronse -contando coa colaboración de expertos en dietética e nutrición e coa asesoría médica pertinente- os criterios que poderían contribuír a determinar se un centro deste tipo permite que o cliente perda peso dunha maneira eficaz e saudable.

De seguido, seis técnicos desta revista acudiron como clientes ficticios a tres centros de adelgazamento situados en Alacante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Castellón, Madrid, Málaga, Pamplona, Santander, San Sebastián, Valencia e Vitoria, e comunicáronlles ós empregados destes centros o seu interese por perder peso. Destes seis técnicos, dous deles non precisaban en absoluto adelgazar, outros dous presentaban un lixeiro sobrepeso (índice de masa corporal -IMC- entre 25 e 26,9) e os outros dous eran obesos de primeiro grao (IMC entre 30 e 34,9).

A principal conclusión do estudio é que o 68% destes 36 centros de adelgazamento suspenden o exame, mentres que soamente o 6% aproba folgadamente e o 26% dos centros consegue soamente un "aceptable". Ademais, comprobouse nalgúns unha clara falta de ética profesional xa que suxiren tratamentos que non se adaptan ás necesidades do cliente que os visita (aconséllanlle, por exemplo, adelgazar a quen non o precisa). Outro aspecto negativo destes centros é que os clientes non sempre son atendidos por médicos especializados ou expertos en nutrición, e que a mensaxe de "dieta personalizada" é só un gancho comercial en máis da metade dos centros. Para rematar, só o 60% dos centros propón unha duración realista e saudable do tratamento, o resto presenta perdas de peso excesivamente rápidas para que resulten saudables e duradeiras.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto